O humorista e mago gallego, premiado recientemente en EE UU, Luis Piedrahita ten novo espectáculo, Las amígdalas de mis amígdalas son mis amígdalas, que nas vindeiras semanas presentará en diferentes cidades galegas.

O show é unha proba de que o paso pola vida é efémero, como a estancia nun hotel, do que hai que levar todo o que se poida. Co seu característico humor, neste espectáculo mostra como desactivar emocións como a envexa, o egoísmo ou a desconfianza.

Recentemente recoñecido pola Academia das Artes Máxicas de Hollywood co Nobel da maxia, Piedrahita falará máis de vagar hoxe en A Revista Fin de Semana da Televisión de Galicia (TVG) dunha creación que el mesmo define como "una de las obras máis enxeñosas, brillantes e poéticas do século XXI".

O programa matinal da canle autonómica contará tamén hoxe no estudio cos actores María Mera e Ricardo Barreiro, parte do elenco da película "O descoñecido", da productora coruñesa Vaca Films e rodada íntegramente en A Coruña, que a TVG estreará en exclusiva en televisión, este martes, en horario de máxima audiencia.