13 de mayo de 2017
13.05.2017

Alumnos de galego no Bierzo e Sanabria visitan Galicia para coñecer a súa cultura

Case un milleiro mozos estudan galego en Castela e León ao abeiro do Protocolo Xeral de Colaboración desta comunidade coa Xunta

13.05.2017 | 02:04
Valentín García e Xesús Alonso Montero con alumnos e docentes de visita en Galicia, onte, en Vigo. // FdV

Un grupo de 149 alumnos, residentes nas comarcas galegofalantes do Bierzo e de Sanabria, e 11 profesores de 12 centros remataron onte a visita de estudos que os trouxo a Galicia para achegarse de primeira man á lingua e a cultura galegas. Son representantes dalgúns dos 18 centros adscritos ao Programa de Promoción da Lingua Galega no Bierzo e en Sanabria enmarcado no Protocolo Xeral de Colaboración entre a Xunta de e a Junta de Castilla y León. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, recibiunos onte en Vigo e animounos a "seguir perfeccionando os seus coñecementos lingüísticos e culturais do galego para reforzar este programa que este ano cumpre 15 anos en activo como medida de promoción do uso e do ensino da lingua propia de Galicia nestes territorios galegofalantes".

O alumnado visitou o xoves a cidade da Coruña e algúns dos seus emprazamentos máis emblemáticos, como a Torre de Hércules, o Aquarium Finisterrae ou a Domus; e onte a comarca da Barbanza e a cidade viguesa. Nestas paradas, participaron en obradoiros, actividades deportivas e de lingua, visitas guiadas e noutros actos culturais.

Grazas á colaboración iniciada no ano 2001 entre a Xunta de Galicia e a Junta de Castela e León, ampliada coa sinatura do Protocolo xeral de colaboración entre os dous gobernos en 2006, estudan materias en galego preto dun milleiro de alumnos no ensino primario ou medio en centros de León e de Zamora.

O alumnado ten a oportunidade de afianzar os seus estudos de galego con actividades complementarias como estas visitas de estudos a Galicia apoiadas pola Consellería de Cultura e Educación, co obxectivo de que a rapazada coñeceza de primeira man moitos dos enclaves de interese patrimonial e lingüístico da comunidade galega.

O alumnado que segue o programa distribúese, no caso dos centros de infantil e primaria, en León, CEIP da Quinta Angustia de Cacabelos, CEIP San Ildefonso de Camponaraya, CRA de Carucedo, CRA Jimena Muñiz de Corullón, CEIP Compostilla de Ponferrada, CEIP Jesús Maestro de Ponferrada, CEIP Virgen del Carmen-La Placa de Ponferrada, CEIP Valentín García Yebra de Ponferrada, CRA del Puente de Domingo Flórez, CEIP Mª Luisa Ucieda de Toral de los Vados, CEIP de Toral de Merayo e CEIP San Lorenzo de Brindis de Vilafranca; e, en Zamora, CEIP Tuela-Bibey de Lubián. Canto aos IES adscritos ao programa, estes son o Bergidum Flavium de Cacabelos, o Padre Sarmiento de Vilafranca do Bierzo e os ponferradinos Europa e Virgen de la Encina. Na Escola Oficial de Idiomas de Ponferrada estudan galego no ano académico en curso máis de medio cento de alumnos e alumnas. O CRA leonés Cubillos del Sil sumarase o vindeiro curso aos 18 centros de ensino primario e secundario e mais á escola oficial de idiomas.

A Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación tamén promove o galego nos estudos preuniversitarios no IES Cañada Blanch de Londres, nos institutos cataláns do proxecto Galauda e mais no Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires. Deste xeito, responde ás demandas dos galegofalantes que viven no exterior e dá a coñecer o noso idioma entre a poboación de orixe non galega.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CINE


Conoce las nominaciones a los Oscars
Consulta los nominados a los premios Oscars 2018

Consulta los nominados a los premios Oscars 2018

La Academia ha dado a conocer las películas, actores y técnicos que optarán a la preciada estatuilla

 ´La forma del agua´ se postula como la favorita a los premios Oscars 2018

´La forma del agua´ se postula como la favorita a los premios Oscars 2018

El film de Guillermo del Toro acapara 13 nominaciones, de entre las que destacan mejor película y...

Nominados a los Oscars 2018: ¿Cuándo se anuncian?

Nominados a los Oscars 2018: ¿Cuándo se anuncian?

Este martes 23 de enero la Academia dará a conocer los nominados a las 14:20 horas de la tarde

´Verano 1993´ y Javier Gutiérrez triunfan en los Premios Feroz más feministas

´Verano 1993´ y Javier Gutiérrez triunfan en los Premios Feroz más feministas

El intérprete ganó como mejor actor en cine y televisión y Natalie Poza como mejor actriz de cine


Javier Gutiérrez, triunfo ´Feroz´

Javier Gutiérrez, triunfo ´Feroz´

El intérprete gallego hace doblete al lograr el premio como mejor actor por "Vergüenza" y "El...

Javier Bardem, nominado a los premios Razzies

Javier Bardem, nominado a los premios Razzies

El ganador de un Oscar opta a la estatuilla por '¡Madre!' y 'Piratas del Caribe: la venganza de...

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine