Portosín sae ao mar cun aquel de vento positivo, respírase nesta ribeira un sentir optimista. A súa Confraría ten douscentos asociados, e trátase dun porto maioritariamente cerqueiro, con vinte e tres embarcación nas que se traballa esta arte.

Pero tamén se traballan outras como a nasa coa que faena Gerardo Vázquez, mariñeiro concienciado na necesidade de coidar o mar. Gerardo ten claro que se non se traballa o mar dun xeito racional acabará esgotándose, e por tanto a explotación do recurso mariño ten que facerse permitindo ás especies ir criando e por tanto aumentando as poboacións.

Patrón do cerco é Abel Carreño, que herdou, por decisión propia, o oficio, o barco e a tripulación do seu pai. É un patrón moi novo, ten só 30 anos, pero aprendeu ben o oficio co seu pai e hoxe manda o cerqueiro como se levara toda unha vida no mar, e o que é moi importante gañándose o respecto dos mariñeiros que leva a bordo.

E xa entrados en faena no oficio do cerco bo será xantar a bordo do barco unhas sardiñas preparadas por Isaac Gaciño, na cociña dun barco cerqueiro. É tamén un mariñeiro novo, pero con experiencia porque empezou moi novo, traballa o oficio do cerco e ademais e o encargado da cociña do barco. Fíxonos un guiso de sardiñas, e podermos certificar que os mariñeiros teñen a sorte de ter un bo cociñeiro a bordo.

A música resoa no porto co dúo Togayán, con Brais e Tomé. Son pai e fillo que se dedican profesionalmente a música, e nesta ocasión van a cantarnos as cancións "Quixera ser" e "unha noite na eira do trigo", ambas nas versións que fixeron delas o grupo "Os Tamara". Estas son algunas de las historias que el programa de la TVG, "Ribeiras do salitre", dirigido por X. H. Rivadulla, contará hoy a partir de las 15.45 horas.