A longametraxe "A esmorga", a adaptación á grande pantalla da novela homónima de Blanco Amor dirixida por Ignacio Vilar, estréase hoxe ás 23.00 horas no programa "Versión Española" presentado por Cayetana Guillén-Cuervo en La 2 de Televisón Española. O filme galego será presentado polo seu director e os actores protagonistas Karra Elejalde, Miguel de Lira e Antonio Durán "Morris". Logo a través da opción "dual" na súa versión dobrada ao castelán e na súa versión galega con subtítulos en castelán da película, haberá un coloquio cos catro.