Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Dylan, poeta e cantautor, visto por García Teijeiro

Dylan, poeta e cantautor, visto por García Teijeiro

"Eu empecei a cambiar determinadas cousas da miña vida por escoitar a Bob Dylan cando aínda era unha persoa que non entendía o que dicía pero había algo que me estaba empurrando", conta o escritor Antonio García Teijeiro.

O poeta atesora na súa casa de Vigo decenas de recordos do cantautor norteamericano, a quen considera un "verdadeiro poeta", galardoado recentemente co Premio Nobel de Literatura. "Intentei aprender inglés para entendelo hai anos, cando empecei a ler as súas letras souben que estabamos ante un poeta auténtico. Dálle unha nova dimensión á poesía", asegura.

Teijeiro salienta que as súas influenzas como escritor de cancións deixan entrever que Dylan é tamén un gran lector. "Está William Blake coa súa conciencia visionaria, o simbolismo de Rimbaud, o folk primitivo de Woody Guthrie, e esa inmediatez que teñen os escritores da xeración Beat. Pasa todo pola súa propia peneira. Creo que é un gran creador de imaxes cun surrelismo satírico sempre presente", apunta.

Sobre as novas voces da poesía galega, o escritor vigués destaca a súa calidade: "Neste momento hai un montón de autores e autoras que están facendo unha poesía verdadeiramente interesante, intensa e ao mismo tempo clara, que reflicte os sentimentos más fondos. Son persoas que teñen un compromiso coa poesía primeiro e coa sociedade despois. Sinceramente, eu estou moi esperanzado con todo o que está aparecendo actualmente neste ámbito".

Compartir el artículo

stats