Porto elegante o de Portonovo no seu sentir mariñeiro. Cunha confraría na que están asociados 150 socios con 45 embarcación, nas que traballan ao cerco, as nasas e artes de enmalle. O programa Riberiras de Salitre, da TVG, viaxa esta tarde ata este enclave.

Portonovo é un porto onde se sabe coidar do pasado mariñeiro, Alejandro Piñeiro, representante da Asociación da Dorna, falará dese pasado que motivou a creación da asociación para traballar na recuperación das embarcacións tradicionais, e do proxecto do que sería un museo flotante, que consiste un pantalán onde ter atracadas diferentes tipos de embarcacións tradicionais, pera poder se contempladas polos visitantes e contarlles as características e usos de cada unha.

A forza das mulleres de Portonovo está na peixeira que máis sorrí, Piliña Gómez.Unha muller aínda nova pero que leva máis de 15 anos de peixeira. Filla de peixeira e de mariñeiro, ten un posto na praza de abastos de Portonovo. Ela é todo alegría e manifesta que o mar forma parte esencial da súa vida, e o oficio de peixeira máis que un traballo é un xeito de vivir.

A raia é o peixe que representa a este porto e imos cociñalo con José Juan Suarez e Pastor Gómez, que co seu grupo de amigos tamén van cantar cancións do mar. Todos eles xúntanse nun furancho de Portonovo, xa están xubilados e agora dedícanse a gozar da vida xuntándose para comer e cantar, e nesta ocasión van a facelo para Ribeiras de salitre.

Ana Cancela é unha artista plástica que fixou a súa mirada artísticas nas redeiras. Como pintora e fotografa editou o libro Mulleres entre redes. Do invisible ao visible, no que experimenta, con propostas plásticas anovadoras, sobre o traballo das redeiras de Portonovo, co obxecto de dar a coñecer o seu traballo e facelas visibles para as persoas alleas ao mundo do mar.

E redeira con forza vital e elegante é Manolita Domínguez, esencia das mulleres mariñas. Xa retirada narra a súa vida atando redes. Unha vida da que se sinte moi orgullosa, a pesar que lle tocaron tempo difíciles, cando o traballo das redeiras era mási dura que na actualidade, pois daquela as redes era de algodón e brancas, e era preciso tinxilas cocéndoas en casca de pino e logo téndelas a secar.

E na lonxa de Portonovo trátase o peixe cun coidado especial, como nos explica o patrón maior José Antonio Gómez, que ademais é presidente da Federación de Confrarías da Provincia de Pontevedra. Falará do sistema de traballo na lonxa, no que o peixe só o toca a persoa que o vai comprar.