Carril é a ribeira de salitre por excelencia da ameixa, pero temen atopamos un bo número de mariñeiros traballando nos oficios de baixura, en concreto a súa Confraría ten 449 asociados, entre parquistas, mariscadores e mariñeiros. Ribeiras de Salitre, programa da TVG, adéntrase hoxe da vida dunha das vilas máis famosas de Galicia.

Un mariñeiro de Carril é Antonio Pesado co que o espectador coñecerá como se pesca a saborosa soia. Unha pesca moi peculiar porque a soia vive escondida na area.

Moisés Campos conducirá a Rivadulla, guÍa do programa, a través da llonxa. El dedicase a facer a poxa da ameixa e os traballos de control de cupos e tamaños. A pesar de vir de familia mariñeira non era o mar o que máis lle chamaba, pero as circunstancias fixeron que acábase traballando de lonxero.

Merchi Cardalda é unhas das cociñeiras da festa da ameixa de Carril, e vainos ensinar como se cociñan á mariñeira. Por suposto que o segredo principal deste prato é a calidade da propia ameixa, pero Merchi explica que a salsa que se lle engade ás ameixas é moi importante, case tanto como a ameixa.

Música non falta en Carril, o grupo tradicional Malveiras vai soar á beira do mar. O grupo toma o nome dunhas rochas que emerxen preto da Illa de Cortegada, fronte ao porto de Carril.

Lolita García é unha parquista moi singular, a elegancia do mar de Carril. É unha muller especial propietaria dun parque de ameixas que traballa xuntamente co seu fillo Cristian Brea.

Da tradición da navegación gozará Rivadulla no galeón Illa de Cortegada. Unha nave que pertence a Asociación Rompetimóns. Un grupo de veciños e veciñas de Carril que traballan na recuperación das embarcación tradicionais deste porto.

E co Patrón Maior, José Luís Vio espectador colecerá as peculiaridades deste entrañable porto. Unhas das principais características é a explotación do marisqueo polo sistema de parques privados, parcelas no propio mar onde cada parquista sementa e recolecta a ameixa que da personalidade singular a este porto.