O filme Migas de pan optará a ser nominada aos Oscar como Mellor Película de Fala Non Inglesa. O Instituto de Cine de Uruguai seleccionou a película de Manane Rodríguez, uruguaya afincada en Galicia, como representante uruguaia na 89 edición dos Premios Oscar que se celebrará en febrero de 2017. En España estrearáse antes de fin de ano.

A película é unha coprodución internacional entre Xamalú Filmes, de A Coruña, e RCI Producciones, de Montevideo, e conta coa produción asociada de Abano Producións e de Malcontenta Producciones.Está apoiada polo ICAA e por AGADIC e coa participación de Televisión de Galicia e o patrocinio da Deputación da Coruña.

A película está protagonizada por Cecilia Roth e Justina Bustos e, ademais, entre un reoarto de case cen actores, interveñen nela os actores galegos Ernesto Chao, Artur Trillo, Sonia Méndez, Laura de Benito, Miguel Canalejo, Cintia Fresenga, Helen Bertels, Lucía Barcos, Nati Forjan e Ailén Kedleman entre outros.

A historia relata o secuestro da protagonista, situacións de tortura e a súa reclusión nunha cárcere de Uruguay. Tamén a pérdida da custodia do seu fillo e o dilema de esta entre os intereses individuais e os colectivos.