A provincia de Pontevedra conta cun total de 57 escolas infantís de titularidade autonómica, 47 delas integradas no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e 10 pertencentes á Axencia Galega de Servizos Sociais, o que fan un total de 3.393 prazas públicas. A provincia conta na actualidade con máis de 7.700 prazas en escolas infantís sostidas con fondos públicos, xa que ás 3.393 da Rede Galiña Azul hai que sumar as concertadas (209), as de iniciativa social (1.663), así como as sostidas a través do Bono Concilia (1.409) e as municipais (1.074).

O plan de obras das escolas infantís do Consorcio adxudicou en Pontevedra un total de 567.379,64 euros. A esa contía hai que sumarlle o investido na escola infantil de O Grove, co que o investimento total na provincia en obras de mellora foi de máis de 1.017.000 euros en 29 escolas infantís. As obras nas diversas escolas foron, entre outras, as siguientes:

| Vigo: Rúa Palencia: Conservación da cuberta, arranxos en portas e ventanas, pintado das aulas, comedor, corredor e entrada principal, tapado do cadro eléctrico na entrada do centro, sinaléctica varia, desmontaxe do areeiro, peche do cerramento perimetral do muro para evitar entradas de persoas alleas á escola, instalación dun valado no patio de xogos, repasos de electricidade, fontanería e carpintería interior, espellos nos baños, pilladedos no valado exterior, tres sistemas antipánico para portas de saída das aulas cara ao patio e timbre de porta de entrada. 39.738,42 euros. Valadares: Pintado xeral do centro, arranxo de humidades na aula 5, mobles de preparación de alimentos nas aulas, arranxo do patio exterior (por entrada de roedores), colocación de capa de grava e sementado de céspede, arranxo do areeiro, proteccións para todos os pretiles das fiestras das aulas, pilladedos, termómetros, arranxo de fiestras e manillas das portas e selado de toda a fachada trasventilada. 23.446,02 euros.

| Pontevedra: Campus: Pintura total de interiores, protectores de esquinas e termómetros. 5.594,72 euros.

| As Neves: Reposición de todo o solo da escola, portas interiores novas con visores, reposición do mesado da zona de aseo e preparación de alimentos, repasos de pintura, cambio da porta valado da entrada, termómetro e detectores fume. En total investiron 9.495,22 euros.

| Cangas: Choupana: Humidades e pintura, reposición da tarima en todo o centro e substitución por PVC, pintado de todo o centro, rampa en porta de entrada e remodelación do aseo das aulas de bebés e 1-2 anos. 21.868,09 en total.

| Baiona: Reparación da cuberta de zinc por humidades en todo o edificio, toldos nas aulas cara ao patio, pérgola/toldo no patio interior para xerar sombra sobre o comedor-usos múltiples, arranxo da bomba da caldeira de ACS e calefacción, arranxo das portas de carpintería de aluminio exterior. Adjudicación de 50.181,77 euros.

| Barro: Toldos para o patio e vinilos antirefractantes para calor de aulas e sala de usos múltiples, subsanación de humidades e reparación das portas de exterior, cerramento da zona de berces da aula de bebés, pilladedos, esquineiras e solución ao desnivel exitente. Empregaron 14.179,16 euros.

| Bueu: Drenaxe perimetral e arranxo das cotas do patio para evitar as actuais humidades por capilaridade, arranxo do canalón do tellado, proteccións de todos os petos das fiestras, dotación de estores nas aulas. 16.425,27 euros de investimento.

| Cerdedo: Remodelación interior e tratamento de envolventes e cuberta para solucionar o problema de humidades. 49.139,70 euros.

| Cotobade: Pintura interior, mantemento da fachada de madeira, reposición de luminarias, reparación das vallas de madeira exteriores, selado da cuberta do patio cuberto. 12.000 euros.

| Covelo: Pinturas interiores e humidades, melloras do patio exterior no valado, construcción de pequeño almacén, colocación de espello e construcción de novo cambiador no aseo de bebés. 6.509,80 euros.

| Forcarei: Pintado xeral do centro e humidades, valado de madeira do patio de xogos, pulido e lixado da tarima flotante, proteccións de todas as tuberías de calefacción con pilladedos. 6.494,47 euros.

| Gondomar : Ampliación da cociña e da sala de usos múltiples-comedor (que duplica a súa superficie), creación dun almacén para a cociña, dotación de equipamento industrial para a cociña, construcción dun aseo para a sala de usos múltiples. 72.966,10 euros. O comedor estará operativo o próximo 19 de setembro.

| Lalín : Lalín Polígono: Pintura fachada, subsanación de humidades interiores, termómetro, pilladadedos, detector fume, proteccións de todos os radiadores do centro e novo portal de entrada. 7.623,00 euros.

| Marín : San Pedro: Cimatización de todas as aulas, comedor e despacho de dirección, colocación de vinilos antirefractantes en zona de sono. 13.605,96 euros.

| Nigrán : Climatización de todas as aulas e zona de sono, ventilación en zona de sono e nos aseos de persoal e lavanderia, reclamados pola inspección, arranxo de humidades, proteccións e antipilladedos. 14.831,21 euros.

| O Grove : Remodelación integral do centro (creación dun espazo de usos múltiples que non existía, reposición da cuberta da escola, mellora de todo o frontal do edificio con instalación de carpintería metálica en cada aula, remozado individual de todas as aulas para permitir a actividade simultánea?). 376.461,23 euros.

| Oia: Reposición das dúas portas de exterior das aulas e arranxo de humidades e pintura desas zonas, arranxos de canaletas das fiestras para solventar humidades e impermeabilización. 14.998,88 euros.

| O Rosal: Traslado da lavadora dende a cociña ao almacén, construcción de armario para a lavandeiría, instalación de valado baixo no corredor cara ao comedor, baixada dos lavabos de máns de todas as aulas con colocación de espellos. 7.978,10 euros.

| Poio: Drenaxe da fachada para evitar humidades nas paredes de pedra do antiguo edificio onde se ubica o comedor, repaso do caucho do patio e reforzo das proteccións exteriores, termómetro (1) e tratamento antiesvarante en zona de carriños. 13.569,48 euros.

| Pontecaldelas: Cimatización, humidades e pintura, burletes das portas, pilladedos de exterior, pilladedos de interior, termómetros, instalación de dous sistemas antipánico. 12.961,52 euros.

| Porriño: Doantes: Climatización de todo o centro, colocación de estores e de toldos nas aulas. 12.402,50 euros.

| Portas: Mellora da climatización no edificio de CD e EI. 15.704,43 euros.

| Salceda de Caselas: Pintado interior da sala de usos múltiples, arranxo de humidades nos tragaluces, tratamento con hiperdexmo da canaleta perimetral do edificio, reposición de rodapés. 11.743,79 euros.

| Silleda: Filtracións e humidades interiores, instalación de vinilos en corredor principal para evitar o calor, pintura exterior, instalación de pérgola no patio, pilladadedos, proteccións de esquinas.19.602,00 euros.

| Salvaterra: Cimatización das aulas e da sala de usos múltiples, cerramento ata o teito das aulas para illalas acústicamente, reposición mobles de lavamáns e arranxo de humidades. 20.758,69 euros.

| Soutomaior: Pintado de interiores completo, pilladedos, protección de esquina e de columna, termómetros, arranxo de humidades varias, substitución da caldeira de gasóleo por unha de gas natural, creación dun espazo para lavandería na actual ubicación do depósito de gasóleo, colocación dun friso a media altura por humidades por capilaridade e construcción dunha cancela de saída de emerxencia con rampa no patio exterior cara á rúa. 18.969,45

| Tomiño: O Seixo: Reparación de humidades, pintado xeral, termómetros, instalación de dúas portas antipático de saída, sinaléctica variada do centro, substitución de dúas portas interiores de metal por dúas de madeira, colocación de espellos nos aseos e apertura de ocos para visibilidade dende as zonas de sono e de aseo da aula de bebés. 8.480,56 euros.

| Vilagarcía: Carril: Autoextinción cociña, vinilos de protección solar e climatización por zonas, corrección das humidades na zona da porta de saída ao patio, colocación de pérgolas no patio diante de cada aula, pilladadedos, protecccións nas columnas e detector de fume. 24.959,32 euros.

| Vila de Cruces: Adecuación do patio exterior cunha construción cuberta de obra e caucho continuo, ampliación da altura da porta de saída da sala de usos múltiples ao patio exterior (en cumprimento da normativa), sementado de céspede, baixada da altura dos lavamáns nos aseos e pilladedos. 21.152,01 euros.