O Cervantes ampliará a súa proxección internacional da lingua galega

09.09.2016 | 02:46

O Instituto Cervantes, que conta con 76 sedes en todo o mundo, ampliará desde este ano as súas accións de proxección internacional da lingua galega en colaboración coa Xunta de Galicia.

Faráo en virtude do acordo que asinaron o titular da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e mais o director deste organismo, Víctor García de la Concha.

Trátase dunha colaboración que desenvolve e dálle continuidade ao protocolo xeral asinado entre as dúas entidades no ano 2013 en materia de dinamización lingüística e cultural da lingua propia de Galicia a nivel internacional.

Segundo detallou o conselleiro Rodríguez, "o novo marco de colaboración impulsará de xeito progresivo diferentes iniciativas lingüísticas e culturais -cursos de formación e accións de dinamización da lingua, da literatura e da cultura galegas- en centros dependentes do Instituto Cervantes co apoio da Rede de Centros de Estudos Galegos da Xunta".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine