"A Revista" da Televisión de Galicia visitará hoxe a Feira das Marabillas da Coruña

O programa "Aquí hai praia" desprazarase aos areais do Orzán e de San Francisco de Muros

21.07.2016 | 02:14

A Revista da Televisión de Galicia (TVE) achegarase hoxe, en directo, á Feira das Marabillas da Coruña, que se celebra ata o 25 de xullo e que xa vai pola súa vixésimo segunda edición. O equipo do programa tamén se desprazará ata o concello coruñés de Oroso, que ofrece un obradoiro para achegar a tecnoloxía dos drons aos cidadáns.

As xornadas celebraranse de luns a venres e a súa función é orientar dun xeito sinxelo e práctico a calquera persoa interesada nos vehículos aéreos non tripulados. Esta formación pode ser o paso anterior a obter o certificado de piloto de avións non tripulados, ou ben o paso posterior para profundar nos aspectos técnicos, prácticos e legais da súa pilotaxe.

Ademais, ata o estudio de gravación desprazarase Ramón Tudela, o presidente da Asociación Cultural e Recreativa Camiño de Santo Andrés de Teixido, que trata de potenciar e poñer en valor estas rutas de peregrinación. Moncho Lemos encargarase, como sempre, da información semanal sobre cine.

'Aquí hai praia', no Orzán

Por outra banda, Aquí hai praia goza hoxe dunha xornada ao sol en tres populares areais galegos. O programa da Televisión de Galicia (TVG) estará no arenal doOrzán na Coruña, na praia de San Francisco de Muros e na Lanzada, no Grove.

A praia de San Francisco é un paraíso para veraneantes non só de Galicia, senón do resto de España. Xunto ao de Ancoradoiro, é un dos areais máis concorridos do municipio, xa que, ás súas espectaculares condicións naturais, se une unha área de frondosos piñeirais equipados con fontes e asadores para preparar comidas campestres. Ademais, conta con dous campings.

O lugar no que se atopa coñecíase como Lugar de Fomento, denominación cuxa orixe está nas tres fábricas de salgadura que estiveron instaladas alí.

A praia de Orzán, na Coruña, é un dos areais máis frecuentados da cidade. Ten forma de cuncha e atópase ao pé do paseo marítimo. Ademais, é apta para todo tipo de deportes de pelota para praia, coma o volei, pero tamén para practicar surf debido a súa forte ondeada. Integra un conxunto coa praia de Riazor, da que se atopa separada polo dique da Coiraza, que conforman os restos da antiga muralla da Peixaría.

Pola súa banda, a praia da Lanzada é unha das primeiras que obtivo a Bandeira Azul dos Mares Limpos de Europa en Galicia. Conta con máis de dous quilómetros de areal a mar aberto e un paseo de madeira, que permite a bañistas e visitantes osixenar o corpo e avivar o espírito en calquera época do ano.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CINE


Una imagen de 'La forma del agua'
´La forma del agua´, favorita para los Globos de Oro con siete nominaciones

´La forma del agua´, favorita para los Globos de Oro con siete nominaciones

La cinta de Del Toro aspira a los premios de mejor película dramática y mejor director, entre otros

Los Globos de Oro, listos para caldear la temporada de Hollywood

Los Globos de Oro, listos para caldear la temporada de Hollywood

Las películas "Dunkerque" y "La sombra del agua"; y las series "The handmaid's tale" y...

´Vengadores 4´: ¿Volverá Hugh Jackman como Lobezno?

´Vengadores 4´: ¿Volverá Hugh Jackman como Lobezno?

El actor estaría dispuesto a regresar si le presentarán un guión con Iron Man, Hulk y compañía

´Star Wars´: ¿Habrá recuentro entre los Skywalker?

´Star Wars´: ¿Habrá recuentro entre los Skywalker?

El actor que encarna al Jedi, Mark Hamill, ha lanzado un poco de luz sobre la relación entre Luke...


Diez mentiras que el cine nos contó sobre el sexo

Diez mentiras que el cine nos contó sobre el sexo

Recopilamos las mayores falsedades que el séptimo arte nos ha hecho creer como ciertas

Diez papeles de Kirk Douglas para celebrar sus 101 años

Diez papeles de Kirk Douglas para celebrar sus 101 años

Espartaco, el coronel Dax, Van Gogh... repasamos los 10 personajes más emblemáticos del actor

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Enlaces recomendados: Premios Cine