O IES Santa Irene gaña o concurso da Xunta de "Cooperativismo nas Escolas"

Os alumnos recibiron materias didácticos valorados en máis de 4.000 euros.

18.06.2016 | 02:44

Os alumnos do IES Santa Irene de Vigo venceron no certame "Cooperativismo nas Escolas" que promoveu a Xunta. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes, participou onte na entrega dos premios desta actividade que forma parte do programa que a Consellería de Economía, Emprego e Industria co Consello Galego de Cooperativas están a desenvolver con motivo do Día do Cooperativismo, que se celebra este ano o sábado 2 de xullo.

'Cooperativismo nas Escolas' é unha iniciativa coa que se promove entre os estudantes de Galicia o coñecemento desta fórmula empresarial e os valores que representa. Alumnos e alumnas do IES Santa Irene resultaron premiados en dúas modalidades do certame coas obras "A auga no espazo e no tempo" e "Xogos interactivos: proxecto Santa Irene" e recibiron materias didácticos, audiovisuais ou informáticos valorados en 4.000 euros.

Xunto coa entrega de premios, os estudantes asistiron á obra teatral Antía, Wamba e o regato pequeno que foi representada por A Tropa de trapo e coa que reflexionaron sobre a solidariedade e a igualdade.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine