Unha das citas literarias do ano

Os Xerais premian con 30.000 euros tres novelas con profunda raizame social

O vigués Manuel Esteban, a baionesa Iria Misa e o coruñés David Pérez, galardoados

05.06.2016 | 06:47
David Pérez, Manuel Esteban e Iria Misa, onte en San Simón, cos seus premios Xerais. // E. Xerais

Dentro do marco da ficción pero nos límites conectados coa realidade e, especialmente, coas vivencias da sociedade actual e os seus problemas, móvense as tres novelas laureadas polos Premios Xerais deste ano, que cumpren 33 anos. Na histórica Illa de San Simón, un exercicio máis, foron entregados onte os galardóns nun serán no que se desvelaron os nomes dos gañadores: o vigués Manuel Esteban Domínguez, a baionesa (de Sabarís) Iria Misa Peralba e o coruñés David Pérez Iglesias. Só este último, dos tres, contaba con obras publicadas anteriormente. Entre os tres, recibirán 30.000 euros en metálico, dez mil por cabeza.

Esteban Domínguez -médico e coñecido por ser vicepresidente durante case unha década da asociación Down Vigo- conseguía o Xerais de Novela pola súa obra A ira dos mansos onde emprega a novela negra para criticar a hipocresía social coa que se trata ás personas con discapacidade intelectual ou con diversidade funcional, partindo da aparición do cadáver dunha nena nun histórico edificio de Vigo que será pescudado por un inspector de policía. "Non son consciente do Premio; nin sequera estou na fase de alegría, inda estou na de shock, impactado", comentaba a este xornal na tardiña de onte.

Pola súa banda, a nigranesa Iria Misa Peralba, licenciada en Filoloxía Inglesa e profesora de ensino secundario, conseguía o Jules Verne de Literatura Xuvenil con Xa non estou aquí, un título que narra a desaparición dunha adolescente que se foi afastando da familia e amigos para busca-la aceptación dunha tribu urbana e os relatos dos seus coñecidos reconstruíndo os seus últimos tempos e sentimentos con vida.

Por último, David Pérez Iglesias -profesor, escritor e guionista ("Retornos")- fíxose co Merlín de Literatura Infantil con Todo o tempo do mundo no que retrata como unha nena preadolescente ten que ir vivir co seu avó á unha aldea na que el é o último habitante. O espírito urbana da pequena irá adquirindo o saber do maior e do lugar.

Nesta edición, estas tres obras venceron entre un total de 89 presentadas.No acto de entrega dos premios, Ledicia Costas pronunciou o seu discurso "Todas as constelacións do mundo", adicado á Xeración Lamote "por abrir o camiño da esperanza" á poboación lectora cativa.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CINE


El actor Dustin Hoffman.
Cinco mujeres más acusan a Dustin Hoffman de abusar de ellas

Cinco mujeres más acusan a Dustin Hoffman de abusar de ellas

El actor ya había sido denunciado públicamente por otras tres mujeres por episodios similares

´El sentido de un final´: Los delirios de la memoria

´El sentido de un final´: Los delirios de la memoria

Una verdad oculta que sale a la luz en un momento trascendental de la familia

´Verano 1993´ se queda fuera de la carrera de los Oscars

´Verano 1993´ se queda fuera de la carrera de los Oscars

La cinta chilena 'Una mujer fantástica' es el único largometraje latino que optará a los premios

Weinstein afirma que las acusaciones de Salma Hayek "no son exactas"

Weinstein afirma que las acusaciones de Salma Hayek "no son exactas"

El productor de Hollywood "no recuerda" haber presionado a la actriz para que realizara desnudos


Disney compra 21st Century Fox por 44.293 millones de euros

Disney compra 21st Century Fox por 44.293 millones de euros

Se hará con los estudios de cine y televisión y otras partes de su negocio internacional de cable

Llega a los cines ´Stars Wars: los últimos Jedi´

Llega a los cines ´Stars Wars: los últimos Jedi´

La navideñas 'Se armó el belén' y 'Un intercambio por Navidad', entre los estrenos de esta semana

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Enlaces recomendados: Premios Cine