ÚLTIMA HORA
Giuseppe Conte renuncia a formar un Gobierno en Italia

David Pérez: "O abandono da aldea arrastra o abandono do que somos"

"Estamos ante iso como se non pasara nada"

05.06.2016 | 04:55

-Como xorde Todo o tempo do mundo?

-É un conto que lle tiña prometido á miña rapaza pequena. Díxome: "Tes que facerme un libro e fíxenllo". A historia é unha conversa entre unha nena urbana, Ariadna, de once anos, que queda a vivir co avó na aldea porque os pais emigran. Ese é un encontro coa terra que serve para recuperar a identidade. O libro ten un tono doce, poético.

-Que temas trata vostede nesta historia?

-Esta é unha escrita onde todo é real, que se cruza con sucesos cotidiáns, enfrontamentos cunha empresa que quere facer unha canteira, o imaxinario popular e o mundo rural que se están perdendo. O avó é o último habitante da aldea. Cada vez que se perde unha aldea, pérdese o imaxinario e o sentido de pertenza.

-En que medida a perda das aldeas provocará no futuro unha ferida na colectividade das vindeiras xeracións?

-É unha desfeita de proprocións fóra do normal, unha desfeita silenciosa coa conivencia do poder e do capital. Hai milleiros de aldeas sen nenos ou parroquias cun neno ou dous. Estamos diante desa situación como se non pasara nada, cun silencio terrible; non interesa. Máis ben interesa o contrario.

-Que busca con esta obra?

-Espero que guste; é unha historia de emocións. A xente empatiza con ela; di que se emociona co libro. Reflite algo que está moi presente na nosa realidade, o abandono das orixes campesiñas, da aldea. Ese abandono arrastra o abandono das palabras, o abandono do que somos.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine