TVG celebra o Día das Letras Galegas coa estrea de "A Esmorga"

Dirixida por Ignacio Vilar, conta con Miguel de Lira, Karra Elejalde e Morris no seu elenco

17.05.2016 | 01:46
Unha secuencia de "A Esmorga", de Ignacio Vilar, con Manuel de Lira, Morris e Karra Elejalde. // TVG

As estreas cinematográficas son o prato forte da programación especial que a TVG ofrecerá hoxe, Día das Letras Galegas.

Para celebrar o día grande da nosa lingua e da nosa cultura, a TVG aposta este ano por ofrecer a estrea en televisión, en horario de máxima audiencia (22.40 horas), dun dos maiores éxitos recentes do cinema galego, "A Esmorga", que contou cunha excelente acollida nas salas comerciais por parte do público, que participou en distintos festivais e que foi candidata ao Premio Goya ao mellor guión adaptado.

Adaptación cinematográfica, a cargo de Ignacio Vilar, da obra máis emblemática de Eduardo Blanco Amor, con Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán "Morris" como protagonistas, "A Esmorga" conta as traxicómicas peripecias do Cibrán, o Milhomes e o Bocas nunha noite de bebedela polos arredores de Auria, a cidade literaria coa que Blanco Amor reelaborou desde a distancia do exilio o seu Ourense natal.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine