A Real Filharmonía de Galicia celebra esta semana dous concertos. O primeiro terá lugar o xoves no Teatro Afundación de Vigo, ás 20.30 horas. Ao día seguinte, o venres, a orquestra tocará en Santiago, no Auditorio de Galicia ás 21.00 horas. En ambas as actuacións levará a batuta o mozo mestre ruso Maxim Emelyanychev, que se puxo por primeira vez á fronte dunha orquestra cando tiña tan só doce anos de idade. Na actualidade, aos seus 28 anos, é convidado polas principais agrupacións de todo o mundo. Os concertos comezarán con "Lle Tombeau de Couperin", de Maurice Ravel. Despois a orquestra tocará "Pavana", de Gabriel Fauré, e concluirán coa "Sinfonía nº 7" de Beethoven.