"Deseñada e producida para conter a auga mineromedicinal de diferentes mananciais do Balneario de Mondariz, en Pontevedra, a súa distinción vén dada pola cor verde escura do recipiente de cristal e por unha etiqueta característica, protagonizada por un home que aperta e leva entre os seus brazos unha botella. A cor ten un significado práctico: alberga augas con propiedades medicinais que deben ser gardadas da luz; e tanto a figura masculina como a composición responden ao gusto e estética da época, historicista-modernista. [...]".

"En 1873 obtense a declaración de utilidade pública das augas, a iniciativa dos seus propietarios, os irmáns Peinador. Desde 1877 procédese ao envasado para a exportación e ese mesmo ano xa se vendían máis dun millón de botellas [...]".