A Real Academia Galega celebrará o Día das Letras Galegas cunha sesión pública na casa onde naceu Manuel María, ao que se homenaxea este ano, en Outeiro de Rei (Lugo), segundo informa a institución académica. Convertida dende 2013 na Casa-Museo Manuel María, o próximo 17 de maio será o lugar onde a academia celebre unha sesión extraordinaria e aberta ao pública na que tomarán a palabra tres membros de número, Manuel Rivas, Margarida Ledo e Darío Xohán Cabana.

Eles serán os encargados "de retratar a vida e a obra do prolífico escritor". O peche do acto estará a cargo do presidente da institución académica galega, Xesús Alonso Montero. Da traxectoria do escritor homenaxeado este ano, a RAG destaca que foi o autor "dalgunha das obras máis populares das letras galegas da segunda metade do século XX".También resalta o seu compromiso co galego. Ademais, recorda que foi o primeiro escritor novo en publicar un libro en galego na Galicia da postguerra, "Muiñeiro de brétemas".