A vida pasada dos libros prohibidos

Escritores e artistas galegos lembran como Galicia foi punto de partida e recepción de obras na clandestinidade, nos anos escuros da noite de pedra

23.04.2016 | 02:16

Parece que ocurriu noutra vida, quizais en soños tinguidos de escuridade cando non existía internet. Neses idus de marzo, lograr determinados libros -especialmente, noutras linguas- resultaba imposible para case toda a poboación. A maiores, na 'longa noite de pedra', posuír ou vender determinadas obras supoñía un risco elevado. Nesas épocas, libreiros como Antón Patiño en Vigo ou como Saleta Goi en Monforte facían malabarismos nas trastendas de Librouro e Xistral para vender títulos censurados como Sempre na Galiza.

Margarita Ledo Andión, membro da Real Academia Galega (RAG), inda lembra cando Goi lle entregou un exemplar da primeira edición de Bos Aires do devandito volume, con aroma a clandestinidade, previa escala en Librouro. "Era Antón Patiño quen os distribuía", lembra a profesora.

"Para conseguir os libros censurados, rememora Xosé Luis Méndez Ferrín, había moitos recursos. Había libreiros que os vendían como Eduardo Hernández -na rúa Nova en Santiago- e despois Patiño máis tarde. Hernández vendía nun portal, nunha especie de trasteiro. Importaban libros ilegais, de contrabando. Por Vigo, entraron moitos libros incluso para o resto de España. Existían trasantlánticos de liña regular que tocaban en Vigo e a América. Esa era unha vía, a través de mariñeiros. Eu creo que a policía sabía que iso existía. Pero non recordo que fora ninguén preso", lembra Méndez Ferrín.

O pintor e escritor Antón Patiño -fillo do libreiro- lembra a historia familiar con outros detalles: "Os de Bos Aires, chegaban nas adegas dos barcos, nunha rede de camareiros galegos que traballaban en trasantlánticos. Os paquetes viñan moi ben protexidos pola embalaxe, pero eu lembro que algúns chegaban danados pola humidade. Os que edita Ruedo Ibérico en Francia, non recordo como chegaban. Meus pais montaron a librería no ano 1967. Meu pai falaba de milleiros de libros distribuídos a clientes e librerías. Os de Castelao eran moi solicitados como o Sempre na Galiza, Os álbumes da guerra; tamén Pensamento e sementeira, de Antón Vilar Ponte; e Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda, de Xerardo Álvarez Gallego".

A aceptación do Sempre na Galiza moveu a Patiño pai a pedir ós editores na Arxentina que sacaran do prelo unha edición de peto, máis manexable, "con papel de Biblia, un formato máis reducido, a mesma tipografía... Parecía que estaba miniaturizado", lembra Patiño fillo.

A través de Ruedo Ibérico, radicada en París, chegaban a Galicia libros de contido anarquista e marxista, sobre a situación política e os partidos na clandestinidade. Outros títulos senlleiros como El diario del Che en Bolivia que, conta Patiño foi primeiro autorizado para a venda para despois ser censurad na distribución. "Un día, viu a brigada político social, unha parella de paisano, para recoller libros. Librouro tiña os libros prohibidos na trastenda. Marina, unha empregada, ollou para a miña nai e para un punto das estanterías onde estaban os diarios. Os policías interceptaron as olladas e colleron os libros", relata.

O público lector que ansiaba estas obras e outras da clandestinidade eran, fundamentalmente, estudantes universitarios. Patiño tiña mesmo ó ministro Pío Cabanillas de cliente que viña en coche oficial á librería por tesouros prohibidos. Houbo persoas que foron facendo a súa particular biblioteca con verdaderas xoias logradas en Galicia, Portugal e outros países. "Nestes momentos, explica Ferrín, na biblioteca da RAG, hai depositada a colección dunha persoa que ten as obras completas en ruso de Lenin, as únicas que existen en Galicia; e as completas de Marx en alemán".

Da trastenda de librerías, tamén sacou libros o poeta e presidente da Fundación Rosalía, Anxo Angueira. "Recordo un libro extraordinario da Correspondencia de Manoel Antonio. Eu encargábao na librería, porque non estaba no escaparate. Para min, era unha devoción. Cada vez que lle prestaba un exemplar a un amigo, namoraba tanto do libro que desaparecía, non volvía ver a obra. Era un libro que se vendía moi pouco. Eu tiven que compralo varias veces. Nel, vas vendo como se formara o autor de Rianxo intelectualmente, como lera as teorías da relatividade de Einstein, como lía as revistas francesas, as súas opinións sobre Rianxo e Vigo nos anos 20, víase a súa controversia de signo estético con Castelao. Os libros son unha paixón, unha vez o tes non queres desprenderte del e se o perdes, búscalo de novo. Así me pasou a min con esa obra".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CINE


Salma Hayek.
Salma Hayek denuncia que Weinstein la acosó y amenazó de muerte

Salma Hayek denuncia que Weinstein la acosó y amenazó de muerte

La actriz ha afirmado que el productor también la presionó varias veces para grabar escenas de sexo

´Handia´ y ´La librería´ acaparan las nominaciones a los Goya

´Handia´ y ´La librería´ acaparan las nominaciones a los Goya

La cinta de Aitor Arregi y Jon Garaño, y la de Isabel Coixet son las favoritas con 12 candidaturas

Premios Goya 2018: Lista de nominados

Premios Goya 2018: Lista de nominados

Las películas 'Handia' y 'La librería' son las favoritas con 13 y 12 nominaciones respectivamente

Aciertos y errores de ´Star Wars: Los últimos Jedi´

Aciertos y errores de ´Star Wars: Los últimos Jedi´

Repasamos, sin spoilers, las fortalezas y las debilidades del filme que se estrena el viernes 15


Premios Goya 2018: Joaquín Reyes y Ernesto Sevilla presentarán la gala

Premios Goya 2018: Joaquín Reyes y Ernesto Sevilla presentarán la gala

Los humoristas se adelantan a la Academia que tenía previsto anunciarlo el próximo 20 de diciembre

´El gran desmadre´, vulgar y con tópicos

´El gran desmadre´, vulgar y con tópicos

La segunda parte de 'Malas madres' repite línea argumental centrándose en la Navidad

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Enlaces recomendados: Premios Cine