O programa da TVG "Ribeiras de salitre" volta mañá, domingo, á súa cita coa audiencia. A partir das 15.30 horas, poderá verse o capítulo séptimo que está adicado á Ría de Arousa.

Na súa confraría están inscritos 660 mariñeiros e 265 mariscadores. Juan José Rial Millán é o Patrón maior, "un home que empezou no mar con doce anos, e aporta a súa enorme experiencia ao cargo, nunha confraría que é unha das que maior números de socios ten en Galicia. O seu traballo desenvólveo como mariscador a flote, unha das artes que máis se traballan na Illa", explica o equipo do programa presentado por X. H. Rivadulla Corcón.

Ademais do patrón maior, os espectadores tamén coñecerán a Uxío Chaves que amosará a súa forma de capturar o camarón. "El traballa polas noites na bateas, capturando, cun trueiro, o camarón que se acumulan baixo os flotadores das bateas", apuntan dende "Ribeiras de salitre".

Pola súa parte, a mariscadora Victoria Otero, ensinará xeitos diferente de preparar as ameixas mediante os seus segredos culinarios persoais. Tamén contará a súa experiencia como mariscadora collendo este bivalvo.

A ameixa tamén a recolle Natalia Paz, que comeza o día ben cedo para capturar este marisco.

Outra voz do programa esta semana será o bateeiro Julián García que lembrará como a Illa permaneceu sen ponte coa terra ata o ano 1985. Ata esa data, os contactos e comunicacións eran todas vía barco.