A TVG emite mañá domingo, dende as 15.30 horas, unha nova entrega do programa "Ribeiras de Salitre". Nesta ocasión, o equipo mostra ó espectador o Porto de Muxía e as súas bravas augas.

Alí, irá pescar con Josechu Martínez; co percebeiro Toñico Haz ou co acordeonista Señor Pazos do Merexo.

Un momento interesante tamén do programa desta fin de semana será o encontro coa escultora e pintora Viki Rivadulla; e con Pepe Toba. Este último é agora taberneiro no local que antigamente acubillaba a lonxa. El preparará un sargo á prancha.