ÚLTIMA HORA
Detenido de nuevo el propietario de la pirotecnia ilegal de Tui

"Estamos nunha etapa de resistencia e non hai ningunha gana dos gobernos de que funcione"

"O espectador demanda tamén actualidade, que se fale do que pasa"

27.03.2016 | 03:14
Celso Parada. // Gonzalo Nüñez

Son 27 os anos que a compañía naronesa Teatro do Morcego leva en activo, con prácticamente función por ano dende a súa creación no 1989. O seu fundador, o actor e director cangués Celso Parada, recibe as felicitacións polos seus cinco nomeamentos aos próximos Premios María Casares por Presidente -entre elas mellor dirección e mellor espectáculo-, ao outro lado do teléfono. "Nos non imos con espectativas ningunha á gala. Para nós é un recoñecemento estar neses nomeamentos, sobre todo porque é un espectáculo que está tendo un gran recoñecemento do público e iso para nós é importante. Despois, que os compañeiros recoñezan ese traballo pois tamén é magnífico", comenta Parada.

A obra -que conta a visita dun presidente a diferentes casas onde habitan familias das máis dispares clases sociais para recabar votos por temor a non revalidar o mandato- cumpre o tópico de que a realidade supera a ficción. "Visto o visto, agora pode pasar algo peor ao que nós facemos! (risas). O divertido da clase política é que é incriblemente teatral e é capaz de superarnos aos cómicos en todas as frontes", sinala o actor, quen destaca que "este é un espectáculo oportuno que non oportunista. O espectador demanda tamén actualidade, que se fale do que esta a pasar, e iso é unha parte do gran éxito do Presidente. Tamén hai que ter en conta que está feito ad hoc, no sentido de que foi escrito polo naronés José Luis Prieto, en colaboración co Concello de Narón, polo que digamos que aínda hai concellos que promoven que se fagan cousas así, dramaturxias novas como é neste caso".

A necesidade de rirnos das desgracias é para Celso Parada algo propio do noso carácter dende tempos ben afastados. "Xa nos misterios medievais, onde os xoglares criticaban a realidade e aos bispos, os poderes fácticos da época... Rimos da realidade. Xa xurdira con aquelo da boda da filla de Aznar; o espectador necesita esa sátira, porque a realidade a veces é cruel, ofensiva, terrible... en vista das calamidades e situacións económicas e sociais que se están a vivir".

O actor e director recoñece que non foi fácil aguantar 27 anos enriba do escenario, sobre todo nestes últimos oito anos, debido a que as condicións económicas e o traballo dalgunhas institucións non axudaron a que este sexa un traballo doado. "A raíz da crise, empeorou moitisimo a situación e aí estamos resistindo. Primeiro baixaron as axudas á produción teatral, á distribución, os concellos teñen cada vez menos diñeiro e non poden programar, por tanto nos baixou por todas partes e ao mesmo tempo temos un IVE que é realmente terrible. Ti non podes ir a un teatro e acabar perdendo diñeiro porque ao mellor non sacas ese día para pagar aos actores, entón claro eso retrae a actividade", denuncia Parada.

¿Falta vontade política? "Por suposto, porque non hai ningunhas ganas de facer que funcione por parte dos gobernantes. Pero a pesar de todo a xente ten que facer teatro, cine... moverse entre toda a precariedade. Estamos nunha etapa de resistencia e aí seguiremos", comenta.

O fundador de Teatro do Morcego non sabe se mostrarse esperanzado co novo devir político pero o que sí que ten claro é que "ten que haber un cambio da actitude a prol da cultura. A cultura é imprescindible na sociedade, como a educación, a sanidade... bens que son un pouco a saúde dunha sociedade. Se prescindimos deses bens necesarios evidentemente a cidadanía debe actuar en consecuencia, como xa ocorreu".

Porque a pesar das dificultades á hora de sacar un espectáculo adiante, dende a compañía naronesa notan que a xente desexa ir ao teatro. "Incluso creo que houbo un repuntiño de público, porque tamén aquelo de que 'a necesidade agudiza o enxeño' soe pasar aquí. A situación obríganos a ser máis críticos, a facer cousas de máis actualidade, e iso a o público tamén lle interesa", explica o director e dramaturgo Celso Parada.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

 

GALICIA EN VINOS

Galicia en Vinos

Todos los vinos de Galicia

Consulta aquí todos los vinos de las cinco denominaciones de origen de Galicia


Enlaces recomendados: Premios Cine