O programa da Galega "Ribeiras de salitre, que presenta X. H. Rivadulla Corcón, regresa este domingo á grella. A partir das 15.30 horas, poderemos coñecer a vida dun feixe de xentes do porto da Guarda para saber un pouco máis como viven o mar.

Un grupo destas persoas son as redeiras. Mulleres como Manoli Pacheco, Marina Álvarez ou Rita González van amosar a artesanía que ahora fan coas redes creando complementos como pendentes, broches, colgantes ou bolsos.

Tamén, poderemos oír e ver ó guía do Museo do Mar, Roberto Rodríguez, co que faremos unha visita polas instalacións.

No recuncho que cada semana esta emisión adica á música local, teremos ó cantautor Tino Baz, cuxa música é unha crónica dos costume da vida no seu porto.

Ademais, tamén poderemos saber cousas do patrón maior, Paco; segredos da cociña de Rita González co peixe espada; vivencias da percebeira Leo Dorna, así como retazos da memoria de Maruxo, un auténtico lobo de mar de a Guarda que tamén ten alma de poeta.