ÚLTIMA HORA
Un tren arrolla un autobús escolar en Francia y deja víctimas mortales

"Ribeiras de salitre" amosa a alegría da vida mariñeira en Cangas do Morrazo

Televisión de Galicia emite o espazo realizado por Producións Celta mañá as 15.30 horas

19.03.2016 | 02:26
O director do programa, Rivadulla Corcón, co navalleiro Colón. // FdV

Dicir Cangas do Morrazo é nomear unhas das vilas de maior tradición mariñeira de Galicia que se remonta moitos séculos atrás. Hoxe seguen a tradición 236 mariñeiros e oito mariscadores e son os protagonistas do programa "Ribeiras de salitre", que emite TVG mañá as 15.30 horas.

Un dos mariñeiros é Carlos García que vai levarnos a largar as nasas das nécoras. Traballa sempre dentro da ría de Vigo, nesta ocasión fronte á praia de Rodeira. É un entusiasta do seu oficio e con el imos ver como os naseiro desenvolven un trabalo perigoso porque a nécora cría xunto das rochas e isto fai que teñan que largar as nasas en zona de perigo para as embarcacións.

Lidia García, e a irmá de Carlos, e ten un porto na praza de abastos de Cangas, un dos edificios máis relevantes, arquitectonicamente, da península do Morrazo. Lidia, ten esa característica alegría que sempre amosan as peixeiras. Imos estar con ela mentres atende aos clientes que veñen a praza ao tempo que nos vai ir contando a súa vida de peixeira.

A tradición mariñeira desta ribeira de salitre chegou a mares como o Gran Sol e Terranova onde algúns mariñeiros levaron as gaitas e así naceron "Os gaiteiros do mar". Trátase dun grupo de música tradicional formado por mariñeiros xa retirados, pero que no seu tempo no mar non esquecían a súa afección a música en no pouco tempo de lecer tocaban os seus instrumentos nos barcos. Todos eles son da parroquia cangesa do Hío, e imos ir con eles ata Cabo Home, onde tocarán varias pezas.

E un lugar tan mariñeiro ten que ser tamén un lugar de boas tabernas, na súa Pili Nuñez, "A taberna do Jefe" vai darnos de comer ovas de pescada. Ensinaranos como se prepara este prato tan mariñeiro e contaranos a historia da taberna, que leva aberta preto de cincuenta anos.

Despois sairemos ao mar con Colón, navalleiro e fotografo. Un home moi singular que divide a súa vida entre as súas dúas paixóns a fotografía e o oficio de mariñeiro collendo navallas. Profesional de ambos oficios, imos saír con el a fotografar aves mariñas na ría de Vigo.

E cun percebeiro de Cangas o mellor que se pode facer é dar conta dun puñado de percebes de Cíes. O percebeiro é Julio Rajó, que coñecen ben todas as rochas percebeiras das Illas Cíes, onde lava traballando moitos anos, e agora atópase xa preto da xubilación.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CINE


'Stars Wars: los últimos Jedi'
Llega a los cines ´Stars Wars: los últimos Jedi´

Llega a los cines ´Stars Wars: los últimos Jedi´

La navideñas 'Se armó el belén' y 'Un intercambio por Navidad', entre los estrenos de esta semana

Disney compra 21st Century Fox por 44.293 millones de euros

Disney compra 21st Century Fox por 44.293 millones de euros

Se hará con los estudios de cine y televisión y otras partes de su negocio internacional de cable

´Handia´ y ´La librería´ acaparan las nominaciones a los Goya

´Handia´ y ´La librería´ acaparan las nominaciones a los Goya

La cinta de Aitor Arregi y Jon Garaño, con 13 candidaturas, y la de Coixet con 12, son las favoritas

Salma Hayek denuncia que Weinstein la acosó y amenazó de muerte

Salma Hayek denuncia que Weinstein la acosó y amenazó de muerte

La actriz ha afirmado que el productor también la presionó varias veces para grabar escenas de sexo


Premios Goya 2018: Lista de nominados

Premios Goya 2018: Lista de nominados

Las películas 'Handia' y 'La librería' son las favoritas con 13 y 12 nominaciones respectivamente

Aciertos y errores de ´Star Wars: Los últimos Jedi´

Aciertos y errores de ´Star Wars: Los últimos Jedi´

Repasamos, sin spoilers, las fortalezas y las debilidades del filme que se estrena el viernes 15

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Enlaces recomendados: Premios Cine