Chega unha nova noite de "Land Rober Tunai Show" á TVG con convidados de luxo como Elena Furiase. Unha das caras máis coñecidas do panorama televisivo e cinematográfico estatal, virá pintar a mona xunto a outro persoeiro que repite en "Land Rober": o actor e presentador Federico Pérez. O programa comezará ás 22.05 horas. Por outra parte, "Musigalité", o novo espazo multiplataforma da CRTVG, contará no programa desta noite coa presenza das bandas galegas Caxade, Cró! e co artista Miguel Costas. Tres proxectos, máis ou menos longos no tempo, pero cunha grande capacidade de adaptación.