Un protocolo facilitará a detección temperá do autismo dende as aulas da comunidade

Educación presenta unha folla de ruta para ofrecerlles a estes alumnos unha atención educativa integral xunto ás familias - O obxectivo é reforzar a súa "inclusión"

15.03.2016 | 04:55
De esquerda a dereita, Manuel Vila, Alberto Silva, Román Rodríguez, Carmen Márquez, Manuel Corredoira e Manuel Rey.

Aínda que os nenos con trastorno do espectro do autismo (TEA) xa dispuñan dun tratamento axeitado nas aulas galegas, como defenden dende a Consellería de Educación, a partir de agora os profesionais do ensino e as familias destes estudiantes terán unha "ferramenta" máis de "apoio" para asegurar unha "maior inclusión" destes rapaces nos centros de ensino. Ese é un dos obxectivos dun protocolo específico para o tratamento educativo do alumnado con TEA que presentou onte o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, e que é froito dacolaboración con colectivos implicados nesta diversidade. O representante dun deles, Alberto Silva, da Fundación Autismo Galicia, definiu o texto como "un mapa que nos vai guiar por que camiño temos que ir, xa sexa dende unha simple sospeita que teña a familia ou o titor polo que pode observar ou porque hai un diagnóstico previo". Axudará, engadiu, a marcar unha traxectoria que incidirá, como apuntou o conselleiro, en que teñan "maiores oportunidades e calidade de vida".

Dado que existe un amplo consenso, como subliñan dende Educación no documento, no "beneficioso" que resulta para a evolución e para a integración social dos rapaces "un coñecemento precoz" do TEA que "oriente o traballo que cómpre desenvolver nos ámbitos familiar, educativo e sanitario", un dos "principais propósitos" do protocolo presentado onte no Gaiás é o de "contribuír á detección temperá dos nenos con risco de presentar un trastorno do espectro do autismo".

Pero esa non é a única finalidade desta folla de ruta para docentes e familias que as asociacións levan anos "solicitando", como sinalou Carmen Vázquez, de BATA, que apraudiu dispor dunha "guía á hora de intervir". Como explicou o conselleiro, trátase dunha "ferramenta de uso para profesionais do ensino e para as familias, que estableza o camiño que se debe seguir para unha atención o máis temperá posible, percibindo os primeiros indicadores ou indicios de que algo non vai segundo o agardado, e que axude a orientar a intervención educativa que se debe realizar por todas as persoas que participan na educación do alumnado con TEA". Os obxectivos serían facilitar a detección do TEA e "proporcionar a este alumnado unha atención educativa na que se implique o conxunto do centro e as familias en prol do maior desenvolvemento persoal e social do estudiante".

O protocolo, que recomenda a escolarización con carácter preferente en centros ordinarios, facilita pautas para identificar o TEA a través dunha serie de indicadores para que familias e colexios poidan distinguir manifestacións do trastorno. Establece que os signos que o titor detecte deben ser comunicados ás familias e ao servizo de orientación que, previo informe á familia, iniciará un procedemento para valorar a posible existencia de TEA. O traballo dos orientadores é identificar as necesidades educativas que puidese presentar o alumno a través dun proceso de avaliación psicopedagóxica e elaborar un informe con propostas concretas de apoio e orientacións para o centro, o profesorado e a familia. Educación incide en que se a avaliación confirma a sospeita de indicadores de TEA se lle trasladará á familia a conveniencia de que o neno reciba atención por parte dos servizos sanitarios porque "a diagnose é unha competencia médica.

Educación estima que a porcentaxe de rapaces con TEA non chega ao 1% nos centros da comunidade. Segundo algunhas estimacións, nas aulas galegas estudiarían en torno a 2.500 nenos con TEA. O subdirector xeral do Servizo de Ordenación, Innovación e Orientación Educativa, Manuel Rey, explicou que estes rapaces forman parte do alumnado con necesidades educativas especiais e, polo tanto, con necesidades específicas de apoio educativo. Nese ámbito, igual co conselleiro, destacou o "compromiso total" da Administración galega que se manifestaría, argumentou, cos recursos: nos servizos de orientación 732 orientadores e 28 especialistas nos equipos, 1.309 expertos en pedagoxía terapéutica e 638 en audición e linguaxe e outros 640 como persoal coidador. "Estes recursos numéricos non só están para o trastorno de espectro autista, pero tamén e sobre todo", sinalou.

Ao respecto, o conselleiro engadiu que, malia que "se fixo moito no ámbito da inclusión, queda moito por facer" con vistas a que estes nenos "teñan un proceso de aprendizaxe mellor e non se queden atrás".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Noticias relacionadas

CINE


Una imagen de 'La forma del agua'
´La forma del agua´, favorita para los Globos de Oro con siete nominaciones

´La forma del agua´, favorita para los Globos de Oro con siete nominaciones

La cinta de Del Toro aspira a los premios de mejor película dramática y mejor director, entre otros

Los Globos de Oro, listos para caldear la temporada de Hollywood

Los Globos de Oro, listos para caldear la temporada de Hollywood

Las películas "Dunkerque" y "La sombra del agua"; y las series "The handmaid's tale" y...

´Vengadores 4´: ¿Volverá Hugh Jackman como Lobezno?

´Vengadores 4´: ¿Volverá Hugh Jackman como Lobezno?

El actor estaría dispuesto a regresar si le presentarán un guión con Iron Man, Hulk y compañía

´Star Wars´: ¿Habrá recuentro entre los Skywalker?

´Star Wars´: ¿Habrá recuentro entre los Skywalker?

El actor que encarna al Jedi, Mark Hamill, ha lanzado un poco de luz sobre la relación entre Luke...


Diez mentiras que el cine nos contó sobre el sexo

Diez mentiras que el cine nos contó sobre el sexo

Recopilamos las mayores falsedades que el séptimo arte nos ha hecho creer como ciertas

Diez papeles de Kirk Douglas para celebrar sus 101 años

Diez papeles de Kirk Douglas para celebrar sus 101 años

Espartaco, el coronel Dax, Van Gogh... repasamos los 10 personajes más emblemáticos del actor

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Enlaces recomendados: Premios Cine