65.000 palabras galegas caen nas redes

A Xunta pon a disposición da cidadanía o acceso gratuíto en liña ao Digalego, dicionario da editorial Ir Indo

12.01.2016 | 07:46

"Persoa que tivo que emigrar a consecuencia de asuntos políticos e foi acollida no territorio doutro estado, sen poder gozar dos mesmos dereitos que os autóctonos". Así define Digalego "refuxiado", a palabra do ano 2015 en galego. Pero ademais de explicar cal é o seu significado, a consulta engade, por exemplo, a súa equivalencia en sete linguas: castelán, portugués, francés, inglés, italiano, alemán e chinés. Ese é un dos extras do dicionario de galego que a Xunta, en colaboración coa editorial Ir Indo, vén de pór a disposición da cidadanía de balde na páxina digalego.xunta.gal.

Cando o Dicionario de Galego de Ir Indo nacía adaptado ás modificacións das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego aprobadas pola Real Academia Galega no ano 2003, a súa envergadura xa daba mostras da súa boa saúde: máis de dúas mil páxinas, espazo abondo en principio para acoller máis de 65.000 palabras cos seus significados. Pero, como dicía onte Bieito Ledo, director da editorial viguesa, "farían falla cinco volumes" coma el para acoller todas as "prestacións" que proporciona a súa versión evolucionada para a consulta en liña, dispoñible agora de xeito gratuíto para calquera cidadán, en calquera momento e en calquera lugar, no enderezo digalego.xunta.gal.

A oferta pona enriba da mesa -e a un clic, no ordenador e nos dispositivos móbiles- a Xunta, a través dun convenio entre a Consellería de Cultura e a Amtega (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) coa editorial, que cede os dereitos á Administración autonómica do manual, que naceu no seu momento como "fillo lexítimo da Enciclopedia Galega Universal", que Ledo tamén espera ver na rede máis cedo que tarde.

Como explicou o responsable da editora, entre as "prestacións" que permite a versión adaptada ás novas tecnoloxías, libre das fronteiras do papel, atópase a posibilidade de incluír a etimoloxía das palabras das que se ofrecen as acepcións, as equivalencias das entradas en sete linguas (as principais europeas e unha un chisco máis lonxana, o chinés, dende as que tamén se poden facer procuras) e unha escolla de sinónimos e antónimos e variantes cando toca.

Mesmo nalgúns vocablos de uso moi cotián, como pode ser, por exemplo, no país dos mil ríos -e dos mil temporais-, "agua", as entradas están completadas con frases feitas e refráns. E para non perder nada da acción, están "todos" os verbos, di Ledo, coa conxugación completa. Ademais, para os que teñan dúbidas de cal é a forma axeitada dunha voz, o Digalego tamén incorpora un apartado, "formas incorrectas", onde recolle dende castelanismos a hiperenxebrismos para lembrar que, segundo as regras, hai que dicir "bacallau", "peón", "polbo" ou "anoxo".

Se a criatura é descrita pola Xunta coma "unha das ferramentas máis completas e actualizadas do mercado lexicográfico galego", en internet terá, augurou Ledo, a capacidade de seguir medrando en posibilidades e como "ferramenta ao servizo de toda a sociedade galega". Xusto nese mesmo aspecto abundou o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, quen asistíu á presentación. Para o máximo responsable de Cultura, a sociedade vive "un momento de pleno cambio" no que no acceso á información se "avanza na democratización". Digalego é, apuntou, "un paso moi significativo no proceso de facilitar á sociedade información e coñecemento e democratizar o acceso a todo o que ten que ver coa lingua galega" e de xeito "gratuíto".

Nesa liña, subliñou que a ferramenta dixital de Digalego persegue dous obxectivos, ademais de reforzar a presenza do galego no mundo dixital. Por un lado, ofertar a ferramenta a colectivos que a precisen para desenvolver o seu labor profesional, facilitando o uso correcto do galego na súa actividade diaria a empresas e sectores produtivos, con vistas a "favorecer" a presenza da lingua no mundo empresarial e profesionial, tal e como se recolle no Plan de dinamización da lingua galega no tecido socioeconómico.

Pero tamén, engadiu, Digalego "supón que o galego é unha lingua internacional", ao acompañar as entradas cos seus equivalentes en varios idiomas. "É un salto cualitativo", sinalou, "no tocante á internacionalización" dun idioma do que existen centros de estudios en trece países. O coñecemento deste idioma, asegura, "agora será máis doado a través desta ferramenta".

A directora da Amtega, Mar Pereira, tamén presente, louvou a "excelente ferramenta" que representa un dicionario como o de Ir Indo disposta agora para o uso dos cidadáns dun xeito "mellorado", tanto dende o punto de vista da accesibilidade coma da usabilidade. Pereira indicou que "a presenza da Administración pública no contexto dixital e o incremento de servizos e ferramentas en liña e en mobilidade son parte esencial da Administración que estamos a construír". As webs da Xunta teñen xa, apuntou, seis millóns de visitas ao ano e 630.000 seguidores a través das redes sociais. O obxectivo é, dixo Pereira, "unha Administración que estea máis cerca do cidadán, con servizos dixitais, sinxelos e accesibles que contribúan tamén a difundir a nosa riqueza cultural, patrimonial, lingüística e social".

Así, a ese obxectivo, sumouse o ano pasado o emprego do dominio .gal pola Xunta, compromiso adquirido polo Goberno galego en maio do pasado ano e que se completará, avanzou, a finais de 2016 coa migración de todos os portais e do correo corporativo das webs institucionais ao .gal.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CINE


El actor Dustin Hoffman.
Cinco mujeres más acusan a Dustin Hoffman de abusar de ellas

Cinco mujeres más acusan a Dustin Hoffman de abusar de ellas

El actor ya había sido denunciado públicamente por otras tres mujeres por episodios similares

´El sentido de un final´: Los delirios de la memoria

´El sentido de un final´: Los delirios de la memoria

Una verdad oculta que sale a la luz en un momento trascendental de la familia

´Verano 1993´ se queda fuera de la carrera de los Oscars

´Verano 1993´ se queda fuera de la carrera de los Oscars

La cinta chilena 'Una mujer fantástica' es el único largometraje latino que optará a los premios

Weinstein afirma que las acusaciones de Salma Hayek "no son exactas"

Weinstein afirma que las acusaciones de Salma Hayek "no son exactas"

El productor de Hollywood "no recuerda" haber presionado a la actriz para que realizara desnudos


Disney compra 21st Century Fox por 44.293 millones de euros

Disney compra 21st Century Fox por 44.293 millones de euros

Se hará con los estudios de cine y televisión y otras partes de su negocio internacional de cable

Llega a los cines ´Stars Wars: los últimos Jedi´

Llega a los cines ´Stars Wars: los últimos Jedi´

La navideñas 'Se armó el belén' y 'Un intercambio por Navidad', entre los estrenos de esta semana

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 

Enlaces recomendados: Premios Cine