luisa amparo costa tenorio (1946-2015)

A entrega dunha mestra

24.12.2015 | 20:04
Amparo Costa, en 1996.

Cando cheguei ao Rosalía de Castro en 1992, era un recén incorporado á docencia e non tiña nin idea de cómo afrontar un labor tan cheo de sorpresas. O Rosalía estaba nas antípodas do que eu coñecía do mundo escolar, xa en canto entras no edificio te decatas de que alí algo hai distinto, intanxible pero real, certo. Amparo foi unhas desas persoas que construiron esa diferencia, no día a día e no conxunto final. Os anos que nos separaban aos dous podía facerme sentir a sensación de que exerceu un papel de mestra-nai para comigo nos meus primeiros cursos na Escola; sempre me sentín respaldado pola súa figura, non foi preciso que mo explicitara. Sobre todo nos momentos máis complicados, que os houbo.

Coincidimos xuntos uns quince anos, como compañeiros de claustro, como a miña directora e logo apenas durante un curso no mesmo equipo directivo, Amparo foi unha mestra no estrito sentido da palabra. Impartía "Lengua" nos derradeiros cursos de Primaria, pero como eu a lembro con máis claridade é na biblioteca da Escola. Alí estaba, rodeada de nenos e nenas que lle pedían consello acerca do libro a escoller. Profunda coñecedora dos centos de volumes, de autores, de protagonistas, de tramas ... conseguía espertar nos seus alumnos o engado pola lectura. Hoxe seguro que moitos dos que pasaron polos nosos corredores recordan con especial agarimo algún deses primeiros volumes, e hoxe agradecen ter dado eses primeiros pasos da man de Amparo.

Ela confiou en min, unha mañá xa sendo directora, achegouseme no aparcamento e díxome -quero que te encargues do departamento de Galego- para min foi un orgullo que unha persoa da súa experiencia se fixase no meu traballo e tentei estar á altura.

Chegado o momento no que se lle presentou a ocasión de acceder á dirección da Escola falamos do tema, o certo é que conversabamos bastante a pesar da diferencia de idades e veteranía, -"hai momentos en que as cousas se fan agora ou logo xa no se fan"- viña de consultar a súa decisión cos seus pais, xa daquela maiores. Era unha muller de claras conviccións, directa e franca á que podías convencer con argumentos, pero non sen eles. Tiña estilos de traballo acordes con cada situación, e os seus intensos ollos azuis cheos de enerxía non te deixaban indiferente.

Quería aos seus nenos e nenas, comía con todos os que necesitaban compañía e charla. Deume moitos consellos, moitos profesionais pero outros moitos persoais, tiñamos en común uns pais xa maiores e uns problemas semellantes, e para min sempre era agradable aprender de quen me quería ensinar. Agora que ocupo o lugar que antes ocupou ela, procuro recordar algunhas das súas palabras de alento nas situacións delicadas. Grazas Amparo.

Conversadora paciente que nunca tiña apuro por irse da Escola para a súa casa, os anos nos que foi directora foino a tempo completo.

*Director Escola Rosalía de Castro

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CINE


Las peores películas del año.
Las películas más decepcionantes de 2017

Las películas más decepcionantes de 2017

'Remakes', dramas y hasta cintas de aventuras que defraudaron a muchos espectadores

¿Cuál es el personaje más odiado de ´Star Wars´?

¿Cuál es el personaje más odiado de ´Star Wars´?

A pesar de su mala fama, Jar Jar Binks no es el personaje menos querido de la saga

Cinco mujeres más acusan a Dustin Hoffman de abusar de ellas

Cinco mujeres más acusan a Dustin Hoffman de abusar de ellas

El actor ya había sido denunciado públicamente por otras tres mujeres por episodios similares

´El sentido de un final´: Los delirios de la memoria

´El sentido de un final´: Los delirios de la memoria

Una verdad oculta que sale a la luz en un momento trascendental de la familia


´Verano 1993´ se queda fuera de la carrera de los Oscars

´Verano 1993´ se queda fuera de la carrera de los Oscars

La cinta chilena 'Una mujer fantástica' es el único largometraje latino que optará a los premios

Weinstein afirma que las acusaciones de Salma Hayek "no son exactas"

Weinstein afirma que las acusaciones de Salma Hayek "no son exactas"

El productor de Hollywood "no recuerda" haber presionado a la actriz para que realizara desnudos

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine