O programa audiovisual 'El día más corto [ED+C]', que se desenvolve cada 21 de decembro coincidindo co solsticio de inverno, incorpora por vez primeira á súa programación catro curtametraxes en galego. 'O cazador', de Ángel Santos; 'Bata por fóra (muller por dentro), de Claudia Brenlla; 'Conversa cunha muller morta', de Sonia Méndez; e 'Anacos', de Xacio Baño, forman parte do catálogo que se lles ofrece de xeito gratuíto a todas as persoas interesadas en organizar proxeccións públicas ou privadas o vindeiro luns.

Estas curtas forman parte dun catálogo dun cento que se poderán ver en streaming durante as 24 horas do vindeiro luns en www.eldiamascorto.com.