Unhas festas de Nadal en galego

A Consellería de Cultura dinamiza as vacacións para os cativos con actuacións en 30 concellos e ofrece a carta aos Reis Magos e a resposta dos monarcas na lingua galaica

17.12.2015 | 02:46
O conselleiro de Cultura, Román Rodríguez (2º esquerda), na presentación da campaña onte. // Xunta

Un ano máis, os Reis Magos recibirán unha morea de cartas en galego dos cativos das catro provincias. Co gallo de impulsar o emprego da lingua de Neira Vilas ou Rosalía, a Consellería de Cultura pon a disposición uns modelos de cartas de petición de agasallos aos monarcas de Oriente e outra de resposta para quen as desexe utilizar. Pódense atopar en www.lingua.gal (escribindo no oco en branco da búsqueda Reis Magos e seguindo diversos links) pero a vía máis rápida é teclear www.cartadosreismagos.gal. A iniciativa forma parte da campaña "Nadal en Rede".

Esta iniciativa busca que o Nadal se viva cos pequechos máis en galego. Na páxina web, informan das actuacións que haberá no territorio a partir do día 22 de decembro, nuns trinta concellos. Neles, actuarán Gramola Gominola, o primeiro grupo de rock infantil en galego; a proposta de "Cantos contos no Nadal", que inclúe música e contacontos; así como Os Bolechas e o televisivo Isi e as súas historias.

O programa foi presentado onte na Cidade da Cultura en Santiago por Román Rodríguez, o máximo responsable do departamento autonómico de Cultura. Alí, indicaron que os concellos integrados nesta campaña de actuacións son: A Bola, A Rúa, Bande, Boimorto, Burela, Campo Lameiro, Cangas, Celanova, Corcubión, Cospeito, Curtis, Dumbría, Forcarei, Frades, Laxe, Melón, Mesía, Mondariz-Balneario, Monterroso, Muíños, Muros, Parada de Sil, Pontecesures, Ramirás, Sarreaus, Sober, Sobrado dos Monxes, Toén, Toques e Verín.

Algunhas das actuacións previstas serán en Cangas, co grupo Gramola Gominola o día 28 de decembro, no Auditorio Municipal, a partir das seis da tarde. Segundo consta na información da Consellería, será a única actuación da Rede na provincia de Pontevedra desta agrupación. Na de Ourense, os cativos poderán ver o grupo en A Rúa, o 2 de xaneiro no Centro Cultural Avenida, ás 12.00 horas; Celanova, o mesmo día, ás 18.30 horas; e en Verín o día 4 de xaneiro, no Pavillón Municipal, a partir das cinco da tarde.

No caso de Cantos Contos no Nadal, haberá -entre outras- unha actuación en Mondariz-Balneario o 28 de decembro, ás 17.30 horas, na Casa do Concello; en Campo Lameiro, o 29 deste mes, ás 12.30 horas, no Auditorio do Centro Sociocultural Sobrino Buhigas.

O mediático Isis actuará, pola súa parte, o 22 de decembro en Melón a partir das seis da tarde, no Multiusos; mentres que en Muíños porá en escea o seu espectáculo o 23 de decembro a partir das oito da tarde, na Casa da Cultura. O 26 de Nadal, actuará en Parada do Sil; ese mesmo día tamén en Toén; ao día seguinte en Ramirás e Bande; e en A Bola, o día 28 e o 30, en Toques.

Dende a Xunta subliñan os recursos en internet que poñen a disposición de nenos e pais para este Nada. A carta aos Reis Magos é clara e agarimosa. Outra posibilidade é que se lle remita aos nenos unha carta asinada polos Reis que pode chegar vía correo ordinario ou vía e-mail. Nela, darán as instrucións de que facer na noite do 5 de xaneiro, Noite de Reis para deixaren os agasallos. Iso si, os Reis tomarán nota do compartamento dos pequenos para obraren en consecuencia.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

CINE


Las peores películas del año.
Las películas más decepcionantes de 2017

Las películas más decepcionantes de 2017

'Remakes', dramas y hasta cintas de aventuras que defraudaron a muchos espectadores

¿Cuál es el personaje más odiado de ´Star Wars´?

¿Cuál es el personaje más odiado de ´Star Wars´?

A pesar de su mala fama, Jar Jar Binks no es el personaje menos querido de la saga

Cinco mujeres más acusan a Dustin Hoffman de abusar de ellas

Cinco mujeres más acusan a Dustin Hoffman de abusar de ellas

El actor ya había sido denunciado públicamente por otras tres mujeres por episodios similares

´El sentido de un final´: Los delirios de la memoria

´El sentido de un final´: Los delirios de la memoria

Una verdad oculta que sale a la luz en un momento trascendental de la familia


´Verano 1993´ se queda fuera de la carrera de los Oscars

´Verano 1993´ se queda fuera de la carrera de los Oscars

La cinta chilena 'Una mujer fantástica' es el único largometraje latino que optará a los premios

Weinstein afirma que las acusaciones de Salma Hayek "no son exactas"

Weinstein afirma que las acusaciones de Salma Hayek "no son exactas"

El productor de Hollywood "no recuerda" haber presionado a la actriz para que realizara desnudos

Calendario laboral y escolar 2016/2017

Calendario laboral 2017 en Galicia

Calendario Laboral 2017 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2016/2017 .

 

 
Enlaces recomendados: Premios Cine