Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cabeza: "O Estatuto dos Traballadores debe volver ao que foi: unha carta de dereitos"

"O Dereito do Traballo foi cambiando, varrido polos ventos da flexibilidade, de sistema protector a un entramado normativo que xenera gran precariedade", di o catedrático

O público asistente á charla sobre o Dereito do Traballo no auditorio do Areal de Vigo. // Lores

"O Estatuto do Trabaladores debe volver ao que foi: unha carta d dereitos dos que traballan, que están sometidos a relacións de prestación de servizo cada vez máis precarias e asumen unha condición máis vulnerable, como resultado da evolución dun Dereito ao Traballo que empezó sendo un sistema protector deles para convertirse en outro de alta flexibilidade empresarial", dixo onte no Club FARO Jaime Cabeza Pereiro, catedrático de Dereito do Traballo e da Seguridade Social da Universidade de Vigo.

Presentado polo Xefe da Inspección do Traballo e da Seguridade Social de Pontevedra, José María Casas Ron, na súa charla sobre "Propostas para un novo Estatuto do Traballadores" afirmou que "estas tendencias non son exclusivas do Reino de España. Tampouco, dos Estados da nosa contorna nen dos membros da Unión Europea. É un fenómeno máis global no que a precariedade non afecta exclusivamente aos traballadores na periferia do mercado de traballo -eventuais, a tempo parcial, contratados por empresas de traballo temporal?- Tamén ás relacións indefinidas e a xornada completa, cada vez máis ameazadas e inseguras. É unha precariedade que nace nas marxes pero que tamén chega ao núcleo de traballadores teóricamente estables e con dereitos. Aínda así, a dualidade no mercado de traballo mantense, porque as relacións de traballo máis inseguras cada vez o son en maior medida, ao mesmo tempo que se rebaixan os dereitos dos insiders baixo o argumento de que a precariedade daqueles obedece aos excesivos dereitos destes".

Unha lei abigarrada

Lembou Cabeza que o Estatuto do Traballadores naceu no 1980, a imaxe do Statuto dei Laboratori Italiano do 1970, como unha carta de dereitos dos traballadores. E que, pouco a pouco, erosionado polas sucesivas reformas, se foi convertindo nunha lei abigarrada na que xa apenas quedan vestixios dun estatuto, "varrido polos ventos da flexibilidade, da adaptabilidade, competitividade e globalización".

Matizou de todos modos o profesor que, unha ollada aos sistemas normativos doutros países ensina que flexibilidade e dereitos non son termos incompatibles entre eles, e que o recoñecemento dun estatuto das persoas traballadoras non está necesariamente rifado coas necesidades do tecido empresarial. "Outra cousa ben diferente é que se lexislara en exceso para favorecer ás grandes corporacións empresarais. Por certo, en ocasións mesmo en contra dos intereses das pequenas empresas".

"Por exemplo -dixo-, un dato que amosa por onde van as preocupacións do noso país na normativa laboral é que nos últimos anos deixou de ratificar importantes convenios da OIT e de NU en materias de protección de dereitos humanos: traballo a tempo parcial, maternidade, emprego doméstico, traballo na pesca, prevención de riscos no sector agrario, traballadores migrantes?Todos eles, convenios internacionais que España non ratificou".

Para Cabeza, na proposición dunha nova carta de dereitos das persoas traballadoras cabe plantexar varios debates fundamentais: A propia definición de "traballador" como suxeito protexido pola lexislación laboral; a precariedade no emprego, por contratos temporais, a tempo parcial, falsos indefinidos?; a precariedade económica dos traballadores; a tutela frontea os despedimentos e, en particular, a "monetización" da protección, coa eliminación da garantía real da reincorporación; o normal exercicio dos dereitos fundamentais no centro de traballo e os dereitos colectivos de representación, sindicación e negociación colectiva. De todos eles falou.

Como elementos propositivos habería que suxerir, según o profesor, un replantexamento dos casos nos que debería ser obrigatoria a readmisión (ademáis dos casos actuais, despedimentos en fraude de lei nos que se alega unha causa ficticia, improcedentes de traballadores maiores de 50 anos, improcedentes de traballadores discapacitados?).

Outros aspectos son un reequilibrio dos custes de optar por readmisión ou indemnización nos despedimentos improcedentes; unha maior distancia indemnizatoria entre a indemnización por despedimento procedente e improcedente, no caso da extinción por causas obxectivas; un incremento das indemnzacións por extincións de contratos temporais, para as aproximar ás dos despedimentos obxectivos procedentes.E unha maior implicación da Administración pública nos despedimentos colectivos na busca de solucións.

Compartir el artículo

stats