"Uniu dous mundos que xa non dialogan"

28.11.2015 | 02:12
"Uniu dous mundos que xa non dialogan"

Para Fernández Tosar, coa morte de Neira Vilas "desaparece un modelo de escritor que, desgraciadamente, non vai estar presente en Galicia. El conseguiu unir dous mundos que hoxe xa non teñen diálogo: o da aldea, o da Galicia máis profunda, e o da emigración, sobre todo a América". O presidente do PEN Clube lamentaba onte que "con Neira Vilas morre a memoria desa Galicia que foi a de miles de homes e mulleres que cruzaron o Atlántico desde os anos 30 ata os 60 e estaba máis preto de Bos Aires que de Madrid".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
Enlaces recomendados: Premios Cine