Alonso Montero lembra na década dos anos 60, que "os galegos con inquedanzas lectoras comprometéronse coa lingua, coa lectura e coa mensaxe de 'Memorias dun neno labrego'. Foi unha escola de concienciación idiomática e un encontro solidario coas clases subalternas da aldea galega", salienta o presidente da Academia. "Miles de lectores namorámonos de Eladia e outros miles percibiron que Balbino tiña razón cando dicía que no mundo non debía haber pobres. Pero é moito máis có creador de Balbino".