"Moitos aprenderon a ler da man de Balbino"

28.11.2015 | 02:12
"Moitos aprenderon a ler da man de Balbino"

O escritor vigués Domingo Villar lamentaba onte "a perda en menos dunha semana de dous grandes expoñentes da nosa cultura; Neira Vilas e Oroza, tan distintos e tan xeniais". De Neira Vilas valorou que "foi da man de Balbino, o protagonista das súas Memorias, da que moitos aprendemos a ler en galego". Villar aplaude tamén os seus relatos da emigración: "Lendo a Neira Vilas e vendo os debuxos de Castelao podemos entender mellor o que sentían os galegos que marcharon e os que non puideron volver".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
Enlaces recomendados: Premios Cine