Méndez Ferrín: "Favoreceunos moito na resistencia antifranquista"

O literato lamenta "profundamente" a morte do seu amigo

28.11.2015 | 02:12

Xosé Luís Méndez Ferrín lamentaba onte á noite "profundamente" a morte de Neira Vilas, que foi o seu amigo durante moitos anos. "Eu propúxeno para entrar na Real Academia Galega e sempre lle agradecín o moito que nos favoreceu na resistencia antifranquista na clandestinidade co envío de abundante documentación comunista desde Cuba, achegándonos moitos xornais, revistas e libros", lembraba o escritor e ex presidente da Academia.

Ferrín foi tamén sempre un gran defensor da calidade literaria de Neira Vilas e lembra que "cando se criticaba o socialrealismo da súa obra 'Memorias dun neno labrego' e a súa actitude política eu sempre lle defendín", conclúe.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
Enlaces recomendados: Premios Cine