"Foi un referente para as persoas de aldea"

28.11.2015 | 02:12
"Foi un referente para as persoas de aldea"

A escritora viguesa, recentemente premiada co Premio Nacional de Literatura Infantil, destaca que Neira Vilas "é un dos grandísimos referentes, non só da literatura infantil, senón que foi un fito no seu defensa da lingua e a cultura galega en todos os ámbitos, polo que hoxe todos estamos de loito". Costas asegura que Balbino, o seu neno labrego, "foi un referente para as persoas de aldea, que tantas veces sentíronse desprezadas e discriminadas por falar en galego. Axudounos a querernos máis", conclúe.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
Enlaces recomendados: Premios Cine