"Chamáballe 'O mago de Gres', e gustáballe"

28.11.2015 | 02:12
"Chamáballe 'O mago de Gres', e gustáballe"

Triste e impresionada pola morte dun grande amigo, Fina Casalderrey lembraba que o mércores mesmo recibiu un correo "marabilloso" de Neira Vilas. "Estiveramos xuntos o sábado en Tomeza, presentando un libro sobre a súa vida, de Loli Veloso e que eu prologo, e foi un acto multitudinario", apunta a escritora. "Sempre tiña algo novo que contar e era por iso que eu lle chamaba 'O mago de Gres', e gustáballe, tal e como me contaba nese último correo; 'Cantas cousas faría desaparecer deste mundo estrafalario', dicía".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
Enlaces recomendados: Premios Cine