Rivas lembra o lúcido que estaba Neira Vilas no seu último encontro na Real Academia Galega. "Tiña unha memoria prodixiosa e era desas persoas que parecía que ían vivir sempre". O escritor destaca que o seu compañeiro "deixa unha grande herdanza xa que o personaxe de Balbino, protagonista de 'Memorias dun neno labrego', habita na historia íntima de Galicia; encarna a infancia da Humanidade". Rivas destaca tamén 'Galegos no Golfo de México', "que foi pioneiro no novo xornalismo".