Caballero eloxia a "xenialidade" e "compromiso" de Neira Vilas

O alcalde de Vigo destacou a faceta literaria do autor de "Memorias dun neno labrego" e o seu compromiso con Galicia

27.11.2015 | 19:00

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, eloxiou a "xenialidade" do escritor Xosé Neira Vilas, falecido este venres aos 87 anos de idade, do que destacou a súa faceta literaria e o seu compromiso con Galicia.

Segundo apuntou o rexedor olívico, o autor de 'Memorias dun neno labrego' "marcou pautas irrepetibles no entendemento de Galicia e do idioma, a través da súa creación artística".

Caballero definiuno como "un home excepcional, íntegro, comprometido e defensor de causas xustas, dende a literatura e dende a súa posición persoal". "Vigo recordarao sempre", concluíu o alcalde.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
Enlaces recomendados: Premios Cine