Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Santi Veloso: "Nin a cultura nin a educación son prioridades nestes tempos"

"Nestes dez anos non houbo interese por conseguir que Ponte nas ondas! sexa declarado patrimonio da humanidade"

Santi Veloso. // FDV

Galicia e Portugal conmemoran hoxe os dez anos da primeira candidatura multinacional na Unesco, a do patrimonio inmaterial de ambas dúas ribeiras. Inda que naquel 2005, o intento en París non deu a razón a Ponte nas ondas! e os seus apoios, a asociación tira das orellas ás administracións para retoma-la carreira. Como primeiro paso, unha gala hoxe en Tui, retransmitida pola TVG e RTP, con diversas estrelas. Santi Veloso, o presidente da asociación, fala dunha década de inxustizas.

-Pasaron dez anos dende a presentación da candidatura na Unesco, en París. ¿Como define vostede o proceso?

-A verdade é que deixou un sabor agridoce porque, por unha banda, o traballo de "Ponte nas ondas!" ten sido recoñecido co Premio Galicia de Comunicación, Bos e Xenerosos da Asociación de Escritores en Lingua Galega... No 2013, o Ministerio de Cultura concedeunos o selo de boa práctica da cultura iberoamericana e o cume o ano pasado foi co Premio Ondas á mellor cobertura informativa do patrimonio inmaterial galego-portugués. Esa sería a parte máis doce. A parte máis agre a leva o proceso administrativo de presentar este patrimonio na Unesco. Constatamos que nestes dez anos non houbo interese por conseguir que sexa declarado patrimonio da humanidade.

- Por que o asegura?

- Non houbo interese por desidia das administracións. Por iso é a parte máis agre. Entendemos que presentar a candidatura non é un proceso complexo nin custoso. Simplemente, é falta de iniciativa, de querer facelo, de querer inscribilo. Falo dende a perspectiva dos dez anos. Por esa vía, estamos un pouco desilusionados. Temos o xemplo do flamenco que, no ano 2005, tampouco foi proclamado como patrimonio da humanidade obtendo unha cualificación bastante baixa pero a Junta de Andalucía e o Goberno de España interesáronse en inscribilo despois. Vemos que se se quere, pódese. A vantaxe da que partimos é que foi a propia Unesco a que lle dixo ós dous estados que volveran presentar a candidatura polo que tiña de rica e importante.

- Están pendentes só da autorización nun papel da Xunta e dos ministerios español e luso?

- Si, realmente é iso. É facer un trámite administrativo. Non é máis ca cumplimentar un formulario que está na internet e envialo a Unesco. Non é nada máis ca iso. Niso consiste o proceso de inscrición na lista representativa do patrimonio inmaterial. Teñen que tomar a iniciativa que agora non a pode tomar Ponte nas ondas! como foi no proceso anterior (ano 2004-2005) co aval das administracións. Agora, a quen lle corresponde é ós estados. Ata o de agora, nin un goberno nin outro manifestaron a súa intención de escribilo.

- Hai expertos que din que os gobernos non se interesan pola cultura e a educación porque non interesan ós cidadáns.

- Está claro, sinceramente, creo que é iso. Nin a cultura nin a educación son prioridades nestes tempos. O patrimonio inmaterial éo máis vulnerable. Temos un exem-plo na señora Carmen, de Malvela, (finada en xaneiro deste ano) que deixou case todo o seu patrimonio gravado, recollido en entrevistas e mesmo nun libro-disco. Se non hai atención a ese saber desas persoas, ese saber desaparece.

Compartir el artículo

stats