O vindeiro 21 de novembro Xabier Díaz presenta en Vigo o seu último disco, que saíu á venda a comezos de outubro. Trátase de The Tambourine Man, un dos traballos máis agardados da música galega, en colaboración coas Adufeiras de Salitre, 1 percusionistas e cantoras de música tradicional. As próximas citas son en decembro en Madrid (día 4, sala Galileo Galilei) e Barcelona (día 5, Tradicionàrius). A actuación en Vigo é no Auditorio Municipal.