O músico Paco Nogueiras e o artista dixital José Miguel Sagüillo presentarán o espectáculo musical e audiovisual "Brinca Vai! 2.0" na Sala Ártika de Vigo, o sábado 14 ás 19.30 horas e o domingo 15 ás 12.00 e ás 18.00 horas. Trátase dunha actividade dirixida a público infantil e familiar baseada nas cancións do libro-disco "Brinca Vai!", publicado por Kalandraka, no que Paco Nogueiras interpreta cancións baseadas en temas como a natureza, os xogos tradicionais, ou as festas como o magosto e o Nadal.