A editorial Patas de Peixe naceu no ano 2008 co fin de buscar libros en linguas foráneas dirigidos ós lectores máis novos da casa para traducilos ó galego. Na súa web, deféndense como "editora independente"; isto é, "traballar sen subvencións de ningún tipo e en contacto directo cos libreiros". Entre os libros chave que xa levan editados, atópase "O Grúfalo", un éxito de vendas no mundo anglosaxón. Entre tódalas linguas que teñen verquido ó galego, destaca o checo. Na imaxe, persoal da librería Andel de Vigo con varios títulos desta editorial.