Mucha e Nucha volven abrir "A casa da conexa" na TVG

24.04.2014 | 01:31

Despois do éxito acadado na primeira temporada e de converterse nas irmáns máis famosas da TVG Mucha e Nucha, regresan hoxe (22.55) con moito máis humor e entretemento da man do seu programa "A casa da conexa". Nesta nova andaina, Mucha e Nucha volverán abrirlles a porta da súa casa a actores, comunicadores, deportistas, humoristas e artistas convidándoos a pasar un día inesquecible en Ardebullo. A velada de hoxe estará marcada pola música e sons de El Combo Dominicano.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
 
Enlaces recomendados: Premios Cine