Autismo e traballo. Xuntos é posible

02.04.2014 | 02:26

Tódolos 2 de abril de cada ano no mundo e desde 2007, por mandato da ONU, celébrase na súa VII Edición o Día Mundial de Concienciación do Autismo. O Manifesto 2014 elaborado por Autismo Europa proclama: Autismo e Traballo. Xuntos é Posible. Autismo Europa desde 1983 trata de reunir a investigadores, médicos, psicólogos e outros profesionais para debater sobre as causas do autismo, os modelos de tratamento e as prácticas educativas, de cara a facelas máis accesibles, nun contesto en que as familias reclamaban informacións rigorosas e co aval científico, que lles permita comprender mellor o problema deste grave trastorno, e así poder axudar os seus fillos.

Ao longo destes 30 últimos anos hai que salientar a importancia dos congresos celebrados por Autismo Europa, tratando de informar e sensibilizar as autoridades europeas e o gran público, das necesidades das persoas con autismo, dos desafíos que se presentan neste campo, ata a divulgación das achegas científicas desde tódolos ámbitos concernidos como é o caso da medicina, psicoloxía, xenética, pedagoxía, bioloxía, etc. A "Carta dos Dereitos das Persoas con Autismo" asumida en 1996 polo Parlamento Europeo; o "Código das boas prácticas para a prevención da violencia e dos abusos en persoas con autismo"; a "Descrición do Autismo", aparecen simbolicamente nos slogans dos congresos como: "A esperanza non é un soño"; "Facer dos soños unha realidade"; ou "Os soños comandan a vida". Persoas con autismo de alto nivel intelectual interveñen activamente nos debates e proclaman: "Nada sobre nós sen nós".

En 2006 a Asemblea Xeral das Nacións Unidas adopta unha nova convención específica aos Dereitos das Persoas con Discapacidade (CNUPH), co manifesto de que: "As persoas con Discapacidade poden exercer os seus dereitos e beneficiarse de todas as liberdades fundamentais, calquera que sexa a súa discapacidade, incluído o autismo". No Congreso de Oslo (2007) "Un mundo de posibilidades" apórtase un documento de posta a punto sobre os coidados e dereitos baseados en probas científicas de cara as persoas con autismo e no "Ano europeo do envellecemento activo" (2012), Autismo Europa solidarízase con esta celebración, de cara a sensibilización das necesidades das persoas con autismo envellecidas.

O debate na actualidade sitúase entre as múltiples informacións e propostas de todo tipo que se divulgan nos medios, moitas veces de tipo especulativo e carentes do máis mínimo rigor científico, coas dificultades de comunicar as achegas e coñecementos que os investigadores denuncian en relación a este grave Trastorno do Espectro Autista.

No Manifesto 2014: "Autismo e Traballo. Xuntos é Posible" fala do impacto que o desemprego ten no mundo da Discapacidade é especialmente grave nas persoas con autismo. As persoas con autismo, cando se lles fan propostas adaptadas as súas capacidades e intereses, convértense en excelentes traballadores. A súa honestidade, fiabilidade, constancia, memoria o rendemento son dun elevado potencial no mundo laboral.

O traballo para unha persoa con autismo a de ser verdadeiro, real, significativo, estruturado, personalizado e acompañado. Tal como Sigmund Freud deixou escrito: "Ningunha outra técnica de condución da vida liga o individuo tan firmemente a realidade, como a insistencia no traballo...o traballo é pouco apreciado como vía cara a felicidade polos seres humanos...de esta natural aversión dos homes ao traballo, derivan os máis difíciles problemas sociais".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook

Sociedad y Cultura

Johnny Depp, Charlie Sheen y Kevin Dillon
Depp, Sheen y Dillon celebran el 30 aniversario de ´Platoon´

Depp, Sheen y Dillon celebran el 30 aniversario de ´Platoon´

Los protagonistas de la cinta de Oliver Stone se reúnen en una fiesta que comparten en Instagram

Casi 250 personas han muerto ahogadas este año

El 81% de las víctimas han sido hombres - En lo que llevamos de julio ya han fallecido 36 personas

Descubre las cinco mejores heroínas del cine de acción

Descubre las cinco mejores heroínas del cine de acción

'Wonder Woman' es la primera en superar la barrera de los 100 millones en su estreno en EEUU

 
Enlaces recomendados: Premios Cine