No programa de hoxe de "Fóra na casa", titulado "Viaxando por un mundo sostible", que a TVG emite as 15.30 horas, imos coñecer a familia de Carolina Martínez, a Daniel Díaz e a súa filla Uxía de 22 meses, que viven na cidade de A Coruña. Carolina é arquitecta técnica e marcha a pasar un mes en Berlín para participar nun intercambio que se chama "Erasmus para emprendedores", para especializarse na bioconstrución.

En Berlín Carolina vai traballar nunha empresa ubicada dentro da "Ufa Fabrik", un complexo que hai anos era unha fabrica de cine, e agora está convertida un centro de traballo multidisciplinar sostible, que recibiu premios internacionais, e traballan duascentas persoas. A empresa dedicase a bioconstrucción, e dentro da "Ufa fabrik" hai varias construcción feitas baixo este concepto constructivo, que carolinba vai ir visitar para familiarizarse coa técnica.

Daniel traballa na Escola de Camiños na Universidade de A Coruña, xa que el é topógrafo. Antes de entrar no traballo deixa á pequena Uxía na gardería da Universidade. El sabe que pasar un mes enteiro sen a súa parella vai a ser duro, e pensa que para Uxía tamén aínda que el daralle todo o seu cariño.

En Berlín hai bo tempo, loce o sol, cousa que Carolina agradece, e móstranos a oficina onde vai traballar, que resulta ser un pequeno edificio construído con balas de palla. Alí se encontra con Bernar que é o Xefe Técnico de instalacións ecolóxicas da "Ufa Fabrik", e con María que tamén é da Coruña e xa leva tempo traballando con Bernar. O proxecto de Carolina e María é a construción dun edificio con balas de palla en Galicia, con materiais saudables e moi baixas esixencias enerxética.