A vella táctica de xerar falsas expectativas

30.05.2013 | 07:37

A intervención do Profesor Tato Plaza rematou coa análise e exposición de dúas modalidades publicitarias de especial interese: a publicidade enganosa e a publicidade comparativa. En relación coa primeira, definiuse como aquela publicidade que, por calquera circunstancia, é apta para inducir a erro ó público ó que se dirixe e alcanza, xerando neste falsas expectativas sobre o producto promocionado. O Profesor Tato Plaza expuxo cómo para calificar unha mensaxe publicitaria como enganosa non é preciso que ésta se apoie en datos inexactos. "Un anuncio publicitario -dixo- que se apoie en datos ou alegacións formalmente verídicas ou veraces tamén podería eventualmente ser calificado como enganoso se, por calquera circunstancia, puidera xerar falsas expectativas entre o público dos consumidores".
As comparacións
A intervención do Profesor Tato Plaza no Club Faro de Vigo pechouse cunha interesante exposición sobre a publicidade comparativa, que se definiu como aquela na que o anunciante compara os seus productos cos dun ou varios competidores. "A publicidade comparativa, segundo puxo de manifestó o conferenciante, é unha das modalidades publicitarias que máis polémica xerou, provocando un intenso debate sobre a súa admisibilidade. Hoxendía, enténdese que, sempre que a comparación sexa obxectiva e veraz, pode ser unha fonte de información valiosa para os consumidores. - por esa razón, admítese este tipo de publicidade sempre que cumpra con determinados requisitos, que pretenden asegurar a obxectividade e a veracidade da comparación.

Sociedad y Cultura

Johnny Depp, Charlie Sheen y Kevin Dillon
Depp, Sheen y Dillon celebran el 30 aniversario de ´Platoon´

Depp, Sheen y Dillon celebran el 30 aniversario de ´Platoon´

Los protagonistas de la cinta de Oliver Stone se reúnen en una fiesta que comparten en Instagram

Casi 250 personas han muerto ahogadas este año

El 81% de las víctimas han sido hombres - En lo que llevamos de julio ya han fallecido 36 personas

Descubre las cinco mejores heroínas del cine de acción

Descubre las cinco mejores heroínas del cine de acción

'Wonder Woman' es la primera en superar la barrera de los 100 millones en su estreno en EEUU

 
Enlaces recomendados: Premios Cine