O PPdeG reivindicou con motivo desde17 maio a herdanza do "galeguismo amable" baseado en principios compartidos pola maioría da comunidade autónoma que "non busca a confrontación, senón defender en liberdade unha identidade propia".

"O que non consentiremos nunca, como partido que ten como un alicerce fundamental o galeguismo, é que se empregue a lingua galega como ferramenta política, ao servizo de intereses que nada teñen que ver cos dos galegos", engade. Neste sentido, aseguran que son "conscientes de que o futuro está no plurilingüísmo", algo que non resta valor á lingua galega e que "a complementa.

Así, consideran que o idioma perdurará si cultívase desde o "respecto e a convivencia pacífica con outros idiomas" e desde a unidade dun pobo que quere manter a súa propia ideosincrasia nun mundo cada vez máis globalizado.

O PPdeG recorda que fai 150 anos, Rosalía de Castro asinaba o prologo de "Cantares Galegos", símbolo do "Rexurdimento" da literatura galega, e foi a primeira autora homenaxeada. "Pero máis aló do importante labor destas persoas e da súa innegable achega ás letras galegas, os populares queremos aproveitar a simboloxía deste día para render homenaxe a todas aquelas persoas anónimas que, na súa vida cotiá, contribúen a engrandecer a lingua galega e a que perdure no tempo", destacou.