O rexedor compostelán, Angel Currás, subliñou o "empeño" do Concello facer valer o legado do autor compostelán. Asimesmo, recoñeceu o traballo do autor de "Criaturas" para crear "novos oficios" en Compostela como os relacionados coa cultura e o teatro, á vez que valorou o seu labor "esencial" para a profesionalización das artes escénicas. Tras recordar as orixes de "familia humilde" do autor homenaxeado nestas Letras Galegas, fixo fincapé no seu faceta autodidacta e de "exemplo para xente nova". O acto, trala descuberta da placa conmemorativa á Vidal Bolaño, contou coa presenza de Carmen, a nai do autor, e do seu fillo Roi Vidal.