A Fundación Eugenio Granell organizou unha nova edición do maratón de lectura que dedica a Ramón del Valle-Inclán. Neste ano o maratón inaugurarase ás 11.00 horas na Alameda, no vindeiro mércores 22 de maio, xunto á estatua de Valle-Inclán.

Despois da inauguración, o maratón continuará no Museo Fundación Eugenio Granell até as 14.00 horas, e prolongarase pola tarde de 17.00 a 20.00 horas. Calquera persoa interesada poderá achegarse á Fundación para escoitar ou participar lendo algún fragmento da obra.